Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño e Cerveira acometerán tres proxectos comúns cun orzamento transfronteirizo

Tomiño e Cerveira acometerán tres proxectos comúns cun orzamento transfronteirizo

Os cidadáns terán que votar para elixir tres proxectos (entre seis) das áreas de Cultura, Educación e Acción Social

Durante un mes, os cidadáns de Tomiño e Vila Nova de Cerveira poderán escoller mediante votación telemática, tres proxectos de cooperación de entre seis que serán presentados para a súa escolla.

Así o revelaron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, durante a presentación do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño 2017, celebrada onte no Concello tomiñés.

O OPT é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal /Galicia, que ten coma obxectivo involucrar aos cidadáns dos dous concellos veciños, na formulación de solucións para necesidades comúns. Dotado de vinte mil euros (20.000€), financiados ao 50% polas dúas cámaras municipais, servirá para costear os proxectos acometidos conxuntamente, tras a votación popular.

Segundo explicaron ambas mandatarias, os proxectos de cooperación que se someterán a votación, son resultado da actividade desenvolta durante varios meses polos grupos de traballo transfronteirizos (áreas de Educación, Cultura e Acción Social), nos que participaron unhas 40 entidades e persoas de ambas marxes).

A alcaldesa de Tomiño lembrou que esta “é unha experiencia piloto contida na Axenda Estratéxica no programa de “Promoción da participación pública e de Cidadanía Transfronteiriza”,  polo cal os concellos de Cerveira e Tomiño decidiron apostar por un mecanismo de participación cidadá, en prol da consolidación do intercambio existente e da constante mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns”.

Aurora Viaes, pola súa banda, referiuse ao espírito de cooperación coma “un obxectivo prioritario dos nosos gobernos e que nos permite, ademais da integración, aproveitar recursos e non repetir actuacións innecesariamente”.

tomino-e-cerveira-acometeran-tres-proxectos-comuns-cun-orzamento-transfronteirizo

Quen e como pode votar?

O OPT abrangue os territorios de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño, polo tanto, poderán votar os cerveirenses e tomiñeses, maiores de 18 anos, e que sexan votantes nalgún dos dous concellos.

Para que o proceso transcorra con normalidade e transparencia, os municipios adheriron a unha plataforma internacional de rexistro e votación (participacerveiratomiño.eu), onde as persoas interesadas deberán efectuar o rexistro con seus datos e número de DNI, a partir do día 10 de novembro e até o 10 de decembro.

Haberá seis propostas para votación distribuídas polas tres áreas prioritarias e serán concretadas as tres máis votadas, unha por cada área:

  • Educación

– Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017.

– 1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño.

  • Cultura

– Festa Amizade Cerveira-Tomiño.

– Encontro de Creatividade Cultural e Música do Miño.

  • Acción Social

– Programa de Voluntariado de Apoio á Inclusión Social Infantil e Xuvenil.

– Accesibilidade Sen Fronteiras: Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies