spot_img
InicioVal MiñorNigránO Centro Juan María de Nigrán exemplo en innovación para a inclusión

O Centro Juan María de Nigrán exemplo en innovación para a inclusión

O centro obtivo o premio “SIMO Educación” ao Mellor Proxecto TIC en educación inclusiva, igualdade e diversidade polo proxecto ‘Os videoxogos no camiño cara a inclusión’.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial Juan María, na localidade pontevedresa de Nigrán, onde felicitou a este centro polo seu espírito emprendedor e innovador en prol da inclusión. Non en balde, o centro vén de obter o premio “SIMO Educación” ao Mellor Proxecto TIC en educación inclusiva, igualdade e diversidade polo proxecto ‘Os videoxogos no camiño cara a inclusión’.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou este centro como un exemplo de esforzo, superación e unión de forzas cara obxectivos comúns que o son de todo o sistema educativo galego: tolerancia, respecto, inclusión e valoración da diversidade. “O galego é o sistema educativo máis inclusivo de toda España”, explicou o conselleiro, recalcando que o esforzo en materia de atención á diversidade é unha das bandeiras da Consellería de Cultura e Educación.

Román Rodríguez quixo agradecer o papel máis importante, o que desenvolven nas aulas e nas casas o profesorado, familias e alumnado. “Desde a Consellería de Cultura e Educación defendemos sempre que a implicación do conxunto da comunidade educativa, docentes, familias e alumnos, é a mellor das formas de avanzar cara ao éxito escolar”, dixo.

o-centro-juan-maria-de-nigran-exemplo-en-innovacion-para-a-inclusion

Durante a súa visita ao centro o conselleiro estivo acompañado polo coordinador do mesmo, Alberto González da Rosa, e pola súa directora, Soledad Pazo. Así mesmo participaron na visita a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Yolanda Lesmes; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares e o alcalde de Nigrán, Juan González

- Publicidade -spot_img