Inicio Pontevedra Finalizan as obras de mellora no parque infantil de O Peirao en...

Finalizan as obras de mellora no parque infantil de O Peirao en Arcade

finalizan-as-obras-de-mellora-no-parque-infantil-de-o-peirao-en-arcade

A mellora contou cun orzamento de 60.000 euros financiados pola Consellería de Media Ambiente

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de mellora no parque infantil de O Peirao en Arcade. Uns traballos que incluían a instalación dun novo pavimento que permitirá o uso do parque durante o inverno ademais dunha nova atracción moi solicitada polos nenos, unha tirolina. O parque entrará en servizo este venres ás 17:00 horas nun acto que contará coa animación infantil da compañía Animar-T.

Os traballos consistiron na escavación do antigo chan do parque para a nivelación do terreo para construír a continuación unha nova soleira de formigón armadode 500 metros cadrados de superficie cuberta común pavimento de caucho continuo, de catro centímetros de grosor medio, sobre o que se instalaron os xogos infantís, que foron reordenados acoutando dunha maneira máis clara a área dos máis pequenos na que se conserva o pavimento de area. Ademais, instalouse unha nova atracción, unha tirolina, que ocupará o espazo de tres xogos, un balancín e dúas barras, que non se atopaban en bo estado e non contaban con demasiada aceptación entre os pequenos.

Os traballos contaban cun orzamento de execución 60.000 euros que foron financiados pola Consellería de Medio Ambiente nmarco do Plan Hurbe.

Espectáculo de animación infantil
Para estrear ao grande o remocicado parque infantil, o Concello programou un espectáculo de animación infantil que fará as delicias dos máis pequenos. Trátase dun espectáculo interactivo no que os pequenos xogan con balóns xigantes que voan e rebotan sementando as risas entre os nenos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies