spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCarmela Silva "En 15 meses fomos capaces de facer o noso e...

Carmela Silva “En 15 meses fomos capaces de facer o noso e de arranxar o que fixeron mal outros”

carmela-silva-en-15-meses-fomos-capaces-de-facer-o-noso-e-de-arranxar-o-que-fixeron-mal-outros

Nun almorzo informativo realizado esta mañá ante os medios, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada por algúns membros do seu equipo de goberno, fixo balance destes 15 meses de mandato, dos que destacou sobre todo, a súa aposta pola transparencia e por levar adiante un proxecto político para as persoas, o que supuxo unha transformación relevante dos 62 concellos da provincia.

“Estamos aquí para transmitir con contundencia, que se atendeu a Vigo e cumprido con con o compromiso adquirido”. Con estas palabras lembrou como durante anos desde o Concello de Vigo se habia requirido maior atención por parte da Deputación, sen conseguilo e como ela comprometeuse a que isto cambiase, non só no fondo, tamén nas formas, como o demostra o feito de “estar a informar hoxe aqui, na sede que o organismo provincial ten en Vigo”.

En primeiro lugar informou de proxectos que está previstos de realizar en breve, por exemplo, na estrada Provincial, na que está previsto que se asine o convenio para a súa reforma antes de finalizar o ano. Tamén nos viarios que levan a Beade, Bembribe ou Valladares, para os que destinanse 3.000.000 de euros, así como a sinalización da estrada que leva ao CUVI.

Por outra banda confirmou que a Xunta de Goberno que preside aprobará mañá unha adenda (ampliación) pola que se achegarán 3.054.000 euros (a mesma cantidade que o Concello de Vigo), para a substitución de cuberta e aforro lumínico.

Durante a sús intervención, fixo especial fincapé na importancia que ten poñer en valor non só o noso patrimonio cultural e natural, tamén é moi importante apoiar o talento persoal.

Fixo especial mención, entre outros asuntos, ao acordo sobre o aeroporto de Vigo, a firma do traslado da UNED por 800.000 euros, o apoio da institución que preside ao deporte da cidade con case 10.000.000 euros “non hai un só club en Vigo que non reciba apoio”, aos deportistas individuais, olímpoicos e paralímpicos , os 620.000 euros dedicados ao emprego para mozos que terminan de estudar , para que teñan a posibilidade de coller experiencia laboral. Tamén destacou para ‘Igualdade’, o apoio reciben 55 asociacións da cidade.

Respecto ao Área Metropolitana, Silva manifestou en primeiro lugar “que hai Área porque lla arrincamos á Xunta”, para a continuación explicar que “eu creo nas áreas metropolitanas e vou estar no desenvolvemento de sde o primeiro segundo”, finalmente asegurou que “todo o que expoña a área será apoiado”.

Pero se hai unha cuestión da que a presidenta fai bandeira, por encima de calquera outra cousa, é do traballo que se está facendo pola igualdade e a visibilización da muller.

Estes son algúns exemplos: ‘Encontro profesional de Mulleres Imparables’,“Conectadas 2016″, “Política en Feminino: unha nova perspectiva nos municipios”, “Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals” ou a “mostra itinerante ‘Mulleres en acción: Violencia Zero’  que pecharase en Vigo o próximo 7 de novembro.

 

- Publicidade -spot_img