spot_img
InicioAlto MinhoTomiño e Cerveira poñen en marcha un programa piloto para compartir servizos...

Tomiño e Cerveira poñen en marcha un programa piloto para compartir servizos públicos

A iniciativa permitirá aos habitantes dos municipios limítrofes dispor dunha oferta atractiva e complementaria

Tomiño ofrecerá as escolas municipais de música e teatro, e Cerveira, a súa piscina climatizada

Máis de 20.000 habitantes dos municipios limítrofes de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, poderán beneficiarse do programa piloto “PINGAS DE AUGA POR NOTAS DE MÚSICA”, que ambos concellos están a por en marcha, no marco da AXENDA ESTRATÉXICA DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRZA CERVEIRA-TOMIÑO, presentada á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal  POCTEP-INTERREG VA .

Esta experiencia piloto foi presentada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, nun acto celebrado no Auditorio de Goián coa presenza doutras autoridades municipais e membros da Agrupación Musical de Goián, que improvisaron un cumpleanos feliz para o seu novo director, Pedro Villarroel.

Segundo explicou a rexedora tomiñesa, esta experiencia piloto se realiza sobre a oferta de dous servizos concretos xa existentes: a piscina municipal de Cerveira e as escolas de música e teatro  de Tomiño, a un conxunto de 23.500 habitantes de ambos concellos.

Viaes, pola súa banda, salientou o valor de contar cunha oferta ampla e complementaria de servizos, sen gastar innecesariamente, e “crecendo en conxunto”.

Deste modo, a veciñanza de Cerveira disporá a partir de agora, dunha oferta de ensino  en materia de música e teatro, e a de Tomiño, dunha piscina climatizada. Ambas públicas.

“Os beneficiarios disporán de máis servizos, accesibles e asequibles; en especial, colectivos de persoas maiores, mozos e mozas en idade escolar, persoas con discapacidade, etc. “, explicou a alcaldesa Sandra González. Segundo comentou, estes colectivos gozarán de accións promocionais concretas para garantir ao seu acceso aos servizos compartidos.  Nun futuro se elaborarán itinerarios singularizados por cada grupo, cos horarios mais idóneos para cada un, modos de transporte adaptado, monitores especializados, etc,

Ao mesmo tempo, os cidadáns poderán acceder á matricula de cada un dos equipamentos, nun lugar físico do seu propio concello, sen ter que desprazarse.

Nas próximas semanas, levaranse a cabo sendas campañas de difusión, a un e outro lado da fronteira, para informar á cidadanía das vantaxes d programa.

 

- Publicidade -spot_img