spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA exposición itinerante ‘Via Iacobitana’ amosa en Pontevedra o Camiño desde unha...

A exposición itinerante ‘Via Iacobitana’ amosa en Pontevedra o Camiño desde unha perspectiva artística contemporánea

Tras visitar Santiago de Compostela, Ribadeo, Viveiro e Valdoviño permanecerá no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 23 de outubro

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a exposición itinerante “Via Iacobitana”, unha colección de fotografías sobre o Camiño de Santiago realizadas por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea.

A celebración da exposición enmárcase no convenio de colaboración asinado por Turismo de Galicia e Viaqua a través do cal xa visitou Santiago de Compostela, Ribadeo, Viveiro e Valdoviño e poderá verse tamén nas cidades de Ourense e Fene.

A mostra permite contemplar a través das imaxes diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran dende a óptica persoal do autor, que lle imprime personalidade.

Deste xeito, permite aumentar o legado iconográfico xacobeo existente e tamén perpetuar no tempo os instantes da Ruta e as vivencias dos que a realizan, así como poñer en valor o labor de grandes profesionais galegos.

A cidade pontevedresa acolle esta mostra ata o vindeiro 23 de outubro pudendo ser visitada de luns a sábado, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia

A actividade se enmarca na celebración do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia, que se iniciou o 8 de decembro de 2015 e se estende ata o 20 de novembro de 2016. Este evento supón un fito histórico para o Camiño de Santiago e para a Comunidade galega xa que, por primeira vez, se abriu a Porta Santa da Catedral nun ano que non era Ano Santo.

Por este motivo Turismo de Galicia puxo en marcha unha programación especial que inclúe todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.

- Publicidade -spot_img