Inicio Alto Minho Tomiño e Cerveira poñen en marcha a 2ª edición da actividade transfronteiriza...

Tomiño e Cerveira poñen en marcha a 2ª edición da actividade transfronteiriza “Deporte/Desporto para Todos”, para persoas maiores de 55 anos

deporte-para-todos-cartaz-copiar

A matrícula está aberta a partir desta semana. As sesións serán de hora e media, unha vez por semana en Vilanova e outra en Tomiño

A actividade pertence á Axenda Estratéxica que centra o esforzo de ambas rexións para conseguir unha xestión compartida de servizos locais, formación e actividades culturais e deportivas

Tras o éxito alcanzado o pasado ano polo programa transfronteirizo “Deporte/Desporto para todos”, o Concello de Tomiño pon en marcha nestes días, conxuntamente coa Cámara Municipal de Cerveira, a segunda edición do evento.

“Con este proxecto pretendemos ofrecer á comunidade maior de 55 anos de Vilanova de Cerveira e Tomiño unha actividade deportiva saudable, controlada e adaptada; propomos deste xeito, diferentes actividades deportivas como baloncesto, fútbol, atletismo, natación, actividade funcional, xogos tradicionais e tamén outras actividades esporádicas, coma andainas e taichí, entre outras”, explica o concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño, Ismael Troncoso.

A presente edición comeza estes días. As sesións serán de 1h30minutos, unha vez por semana en Vilanova de Cerveira e outra en Tomiño.

Este proxecto xurde a través da competición europea “Olympics4all” (competición deportiva para persoas maiores de 55 anos), que se celebrou no mes de setembro de 2015, e no que Cerveira e Tomiño participaron cun equipo formado por 30 persoas.

Esta é unha das numerosas actividades comprendidas dentro da Axenda estratéxica Cerveira-Tomiño, que centra o esforzo de ambas rexións para conseguir unha xestión compartida de servizos locais, a dinamización da economía local trasfronteiriza e capacitación, baixo o lema Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto europeo (da candidatura conxunta ao Programa Operativo Europeo de Cooperación Trasfronteiriza (POCTEP)- INTERREG V-A , nutrido con fondos FEDER) que busca fortalecer a cooperación entre ambos municipios en distintos ámbitos de traballo.

As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a mauro.goian10@gmail.com ou chamar ao teléfono 680352900.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies