Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra destina 100.000 € para impulsar a calidade turística...

A Deputación de Pontevedra destina 100.000 € para impulsar a calidade turística nas Rías Baixas

Deputación-Pontevedra-entrega-Premios-Provinciais-Investigación-Cultura-2014

Carmela Silva subliñou que “o obxectivo é pasar das 220 ás 250 empresas acreditadas co Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED)”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do procedemento aberto convocado para a contratación do servizo de implantación e desenvolvemento do SICTED nas Rías Baixas. A través deste contrato, adxudicado á empresa Auren Consultores por un importe de 100.000 €, a institución provincial pretende sumar 30 novas empresas máis acreditadas co distintivo SICTED.

O pasado 20 de maio se acordaba aprobar en Xunta de Goberno o expediente para a contratación do servizo de implantación e desenvolvemento do SICTED nas Rías Baixas ó que se presentaron tres empresas. Auren Consultores resultou ser a que mellor se axusta ós criterios establecidos pola institución provincial para a implantación e desenvolvemento do sistema integral de calidade turística española en destinos.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou que “o goberno da Deputación de Pontevedra ten entre os seus eixos de traballo o impulso do sector turístico, ó ser este un dos principais motores económicos da provincia. Por tal motivo, e co obxectivo de mellorar e promover a imaxe turística do destino Rías Baixas é fundamental a implantación, seguimento e impulso da calidade turística”.  Amais, Silva engadiu que “a través do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos levarase a cabo formación de persoal en materia de calidade, dotando de ferramentas ós establecementos turísticos para unha mellora continua na xestión da calidade”.

A día de hoxe 220 empresas turísticas da provincia de Pontevedra acadaron xa o distintivo de calidade do SICTED. A Deputación de Pontevedra, a través deste novo contrato, pretende sumar outras 30 empresas máis para superar as 250 acreditadas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies