Inicio Alto Minho Tomiño e Cerveira disfrutaron da arte coa 7ª edición do Certame de...

Tomiño e Cerveira disfrutaron da arte coa 7ª edición do Certame de pintura ao Aire Libre Antonio Fernández 

Tomiño e Cerveira disfrutaron da arte coa 7ª edición do Certame de pintura ao Aire Libre Antonio Fernández O certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández acolleu a máis de 50 pintores de diferentes procedencias.

O pasado domingo celebrouse a sétima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández con máis de 50 participantes procedentes de diferentes lugares.

O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do “Ano Antonio Fernández” iniciándose así unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada dentro e fora das nosas fronteiras.

Ademáis, como novidade, este ano o certame ampliou o seu percorrido a Vila Nova de Cerveira grazas a participación da Fundación Bienal de Arte de Cerveira formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño. Deste xeito, ambas vilas, Goián e Cerveira, foron retratadas polos ollos dos artistas que este domingo visitaron ambos municipios.

As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia fluvial de Goián da autoría de Rafael Carrasco de Toledo que se fixo co primeiro lugar. E os segundos e terceiro foron para Leticia Gaspar de Bilbao e para Antonio Lorenzo de Mondariz. O primeiro premio está  dotado con 1.500€ financiado polo Concello de Tomiño  e con 500€ o segundo e o terceiro, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e a Fundación da Bienal de Cerveira respectivamente.

As obras poderán visitarse nos próximos días estando a disposición dos interesados o contacto dos artistas para a súa venta. Ao longo desta semana, estarán expostas no primeiro andar do Centro Goianés e a vindeira semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira. A mostra  contará coas obras premiadas dando oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e novas figuras que veñen destacando a nivel peninsular.

A entrega de premios tivo lugar o domingo ás 18h30 e foron entregados pola Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e polo vereador da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Vítor Costa. Ambas autoridades destacaron “a grande calidade das obras exposta e o papel do certame como atracción artística na zona”. De feito, ambos coincidían na enorme expectación e o dinamismo existente durante a xornada en ambas vilas convertendo o Certame nunha festa da

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies