spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño conmemora o Día da Muller cunha concentración e lectura de manifesto...

Tomiño conmemora o Día da Muller cunha concentración e lectura de manifesto diante do Concello

Tomiño conmemora mañá o Día da Muller cunha concentración e lectura de manifesto diante do Concello, ás 12.00 horas. Trátase dun sinxelo acto co que o equipo de goberno quere amosar o seu apoio á loita das mulleres pola non discriminación laboral, social, etc., así coma o seu compromiso contra a violencia de xénero.

A programación compleméntase con obradoiros de igualdade nos colexios, charla  sobre educación afectivo-sexual e novas tecnoloxías para alumnado do IES, un novo mural para salientar o papel das mulleres anónimas e a obra de teatro “Trinta e tantos ósos” (domingo 10 de marzo 18.00h, no auditorio), completan os actos organizados para conmemorar o 8 de marzo.

A Concellería de Cultura, Benestar e Igualdade de Tomiño, continúa en esta programación aplicando o principio de igualdade coma un principio transversal e apostando pola educación. “A comunidade educativa é un dos contextos socializadores por excelencia. Ao seu amparo, alén de adquirir coñecementos, desenvolvémonos como persoas e como parte dun colectivo; os centros educativos son un poderoso escenario no que traballar”, explica Sandra González, alcaldesa de Tomiño e responsable de Educación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.