Inicio Pontevedra Baixo Miño O Concello do Rosal programa varias actividades con motivo do Día Internacional...

O Concello do Rosal programa varias actividades con motivo do Día Internacional da Muller

Con motivo do Día da Muller realizarase o Concello do Rosal convoca unha concentración, para toda a cidadanía, ás 12:00 hs. na Praza do Calvario coa lectura dun manifesto para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.

Dende o Concello convidan a tódolos veciños e veciñas a que se acheguen para conmemorar o venres, día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa en igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta as mulleres polo mero feito de selo. Seguindo coa conmemoración deste día durante todo o mes de marzo e de abril levaranse a cabo unha serie de actividades:

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS: Mulleres na historia. Nesta ocasión atemática é “O Rosal, a nosa costa”.

SUFRAGISTAS: Proxección da película protagonizada por Meryl Streep que trata otema da consecución do voto feminino no século XX. 16 de marzo no AuditorioMunicipal.

XOGUETESS NON SEXISTAS: Taller a cargo dunha educadora que traballará coasfamilias e os/as máis pequenos/as alternativas de ocio en igualdade.

OUTRAS FORMAS DE QUERER: Obradoiro levado a cabo no mes de marzo e abrilcos grupos de 1º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier no que se traballará o temadas relacións de parella entre mozos e mozas na adolescencia.

ENCONTROS CON PROFESIONAIS: 5 mulleres profesionais da nosa contornafalarán sobre a súa experiencia laboral ao alumnado de 4º de ESO.

CONTACONTOS: “Mulleres galegas” na Biblioteca Municipal para nenos e nenas.Sábados 30 de marzo, 5, 13 e 27 de abril.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies