Inicio Baixo Miño Tomiño comeza o reparto entre os comerciantes das primeiras 1000 máscaras ...

Tomiño comeza o reparto entre os comerciantes das primeiras 1000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntarias

Tomiño comeza o reparto entre os comerciantes das primeiras 1000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntariasA Agrupación de Protección Civil de Tomiño, comezou onte a repartir as primeiras 1000 máscaras hixiénicas confeccionadas por unha rede de costureiras voluntarias da vila, en colaboración coa Asociación de Comerciantes (ADETO) e o Concello. En primeiro lugar, fíxose unha entrega nos establecementos comerciais abertos asociados, uns 15 locais de Tomiño e Goián.

A iniciativa “Tomiño Suma”, coma xa se informara, está a confeccionar máis de 4000 máscaras hixiénicas reutilizables que serán entregadas á poboación. A entrega farase en varios lotes, dándose prioridade a persoas maiores e persoas de risco, polo que dende a organización da iniciativa chámase á responsabilidade, pedindo á poboación que vaian recoller máscaras só as persoas que realmente as precisen e unha unidade por persoa.

A alcaldesa Sandra González, explica que se trata dun exemplo de colaboración local a través dun proceso en cadea: o Concello comprou o tecido homologado e Protección Civil o distribúe entre máis de 20 costureiras voluntarias que elaboran as máscaras. Tras a elaboración, limpadoras municipais desinfectan as máscaras con ozono e as empaquetan en bolsas individuais.

Por outra banda, Protección Civil continúa colaborando no reparto de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño e na entrega de compras varias, en colaboración coa Concellería de Benestar Social, que dirixe Cristina Martínez; tarefas polas que a concelleira manifesta o seu agradecemento.

Ademais fan reparto dos cadernos de actividades de estimulación cognitiva elaborados pola Asociación de Párkinson Baixo Miño en 22 domicilios.

Novas axudas de emerxencia

O Departamento de Benestar Social vén de aprobar, por terceira vez consecutiva, novas axudas de emerxencia (por alimentos, aluguer, internet, etc.) para 9 familias constituídas por 22 persoas, e por importe de 1340 euros). Asemade, aprobouse a prórroga de alimentos para 5 familias (19 persoas, 680 euros), sumando un total de 2020 euros.

Deste xeito, dende que comezou o Estado de Alarma, o departamento de Benestar aprobou axudas de emerxencia por alimentos para un total de 34 familias, 112 usuarios e usuarias, por un importe de 5800 euros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies