Inicio O Condado Una senda peonil en Salvaterra favorecerá o tránsito seguro a pé cara...

Una senda peonil en Salvaterra favorecerá o tránsito seguro a pé cara ao centro social e á igrexa de San Roque no núcleo de Leirado

Una senda peonil en Salvaterra favorecerá o tránsito seguro a pé cara ao centro social e á igrexa de San Roque no núcleo de Leirado
Igrexa de San Roque Leirado salvaterra

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-402, ao seu paso polo núcleo de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción dunha senda peonil na estada autonómica PO-402, ao seu paso polo núcleo de Leirado, no concello de Salvaterra.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Portela SL., por un importe de máis de 48.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses.

Executarase un itinerario para tránsito peonil seguro no treito desta estrada, entre os puntos quilométricos 5+240 e 5+720, co obxectivo de dar servizo aos veciños nos seus desprazamentos ao centro social e á Igrexa de San Roque.

A nova senda peonil conectará os treitos de beirarrúas existentes e discorrerá pola marxe dereita da PO-402, entre os puntos quilométricos 5+240 e 5+370, e pola marxe esquerda, entre os puntos 5+390 e 5+720.

Construirase unha senda duns 2 metros de ancho con pavimento de formigón con cor e nos puntos onde sexa necesario executarase un muro de contención de terra de altura media de 1 metro.

No contrato desta obra inclúese a drenaxe da vía, que se resolverá cun novo colector de pluviais, cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies