Inicio Galicia A Xunta mantén os traballos de mantemento e conservación da biodiversidade no...

A Xunta mantén os traballos de mantemento e conservación da biodiversidade no Parque Nacional das Illas Atlánticas

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictóricaOs valores naturais únicos de cada illa obrigan a manter este tipo de traballos, que consisten na detección temperá da fauna e flora de especies exóticas invasoras, avistamento para o control dos varamentos e traballos de mantemento, como a retirada de ramas nos camiños de uso público

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén os traballos e actuacións de mantemento e conservación do biodiversidade no Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a directora axunta do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Montserrat Martínez, mantiveron esta mañá unha reunión –por videoconferencia- para facer un control das distintas accións que se están a levar a cabo nas diferentes illas durante a crise sanitaria do Covid-19.

Tal e como explicou a conselleira, para a conservación dos valores naturais que atesouran os diferentes illotes que conforman o único parque nacional na Comunidade galega é necesario manter un mínimo de actividade cun grupo reducido de axentes que traballen en tarefas imprescindibles de conservación, vixilancia e mantemento.

Neste sentido, ao longo deste período de confinamento, os axentes medio ambientais mantiveron tarefas como a detección temperá de fauna exótica invasora (principalmente, o visón), a colocación de gaiolas para trampeo e revisión diaria das mesmas e fototrampeo, ao seguimento e avistamento de fauna: lontra, aves, mamíferos mariños, co fin de detectar posibles varamentos, así como o control de rebrote e aparición de flora exótica.

Outras tarefas que tamén se manteñen son as silvícolas, co fin de manter as condicións óptimas que permitan a nidificación das aves mariñas nas illas do Parque Nacional. Estas actuacións previas ao período de nidificación, consisten en realizar cortas de vexetación de especies alóctonas invasoras consideradas de maior risco de inflamabilidade de medio e gran porte dos xéneros acacia (Acacia spp.) e eucalipto (Eucalyptus spp.), na retirada e transporte de vexetación, restos de podas e trozas de madeira ubicadas nas marxes dos camiños e nas áreas de corta; así como de exemplares en mal estado de conservación, especialmente do xénero eucalipto (Eucaliptus spp.), co obxectivo de minimizar os riscos por caída de ramas nos camiños de uso público e mellorar a seguridade das persoas.

A conselleira de Medio Ambiente tamén aclarou que os axentes tamén realizaron rondas de vixilancia en Ons, para comprobar o estado dos veciños confinados na illa e facilitarlles alimentos ou medicinas, que os familiares dos veciños confinados en Ons achegaron ao peirao de Bueu.

Prolongar a tempada alta no Parque Nacional

Outro dos puntos abordados na reunión foi a proposta de prolongar a tempada alta no conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas até o 15 de outubro, se as directrices do Goberno central así o permiten, tal e como onte avanzaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no decurso dunha xuntanza con representantes das navieiras encargadas do transporte regular de visitantes ás illas.

A tempada alta no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, tal e como se recolle no Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) deste espazo protexido, vai dende o 15 de maio até o 15 de setembro, ambos incluídos, así como a Semana Santa. A proposta consiste en estender un mes respecto ao período fixado. O que permitiría unha recuperación parcial de ingresos e actividade para estas empresas do sector turístico, coadxuvando a todo o sector que opera nestas áreas da franxa costeira galega. O tema porase en comunicación do Goberno Central aos efectos de que, se o estima, se pronuncie de xeito favorable ou desfavorable, dado que se trata dun espazo natural que goza da categoría de Parque Nacional.

Esta proposta, que é unha medida excepcional que non alterará o contido do PRUX nin o cupo de visitantes, será levada á vindeira reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), como trámite previo á consulta do Goberno central.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies