Inicio Baixo Miño Tomiño acolle a Gala Solidaria pola ELA que se celebrará no Auditorio...

Tomiño acolle a Gala Solidaria pola ELA que se celebrará no Auditorio de Goián

Tomiño acolle a Gala Solidaria pola ELA que se celebrará no Auditorio de GoiánA recadación íntegra irá destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha.

O vindeiro domingo, 27 de outubro, no Auditorio de Goián, terá lugar a  Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación Agaela, coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.

José Manuel Pereira “Nel”, tomiñés afectado por esta enfermidade, impulsa esta Gala Solidaria pola Ela, cuxa recadación íntegra ira destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha para persoas que sofren esta doenza. Pereira quere dar visibilidade a esta doenza que padecen en España máis de 4.000 persoas, abandeirado co seu lema: “La ELA existe, pero nosotros delante y la ELA detrás, siempre”.

A cita será no Auditorio de Goián ás 17.30 horas e contará coa presentación da actriz moañesa  Anabel Budiño, da compañía Moito Morro Teatro, e a actuación do Grupo de Acordeóns Helios, do Coro Passionato e da Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio; rematando cun desfile solidario, grazas a varias casas comerciais.

A entrada ou achega voluntaria é de 5 euros por persoa, e haberá tamén butaca cero, para quen non poida asistir á gala pero queira colaborar ca causa.

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) convida a todas as persoas a asistir e colaborar coa entidade, “que loita  por mellorar a calidade de vida dos afectados por esta enfermidade na nosa comunidade autónoma”.

A Esclerose Lateral Amiotrófica é unha enfermidade neuromuscular dexenerativa, na que as células que controlan o movemento da musculatura voluntaria, diminúen o seu funcionamento gradualmente e morren, provocando unha paralización progresiva da persoa afectada nun curto espazo de tempo, impedíndolle sorrir, falar, comer, moverse ou respirar por se mesma. A esperanza de vida dos pacientes non chega a superar os cinco anos. Non existe ningún tratamento contra a ELA, aínda que si hai fármacos e terapias para combater os seus síntomas. En España existen na actualidade 4.000 persoas afectadas de ELA, e estímase que cada día se diagnostican 3 novos casos; 1000 ao ano, o mesmo número de persoas falecidas por esta doenza.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies