Inicio Galicia Compostela A USC entregou os X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero...

A USC entregou os X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero e os VI galardóns Ruth Matilda Anderson de fotografía

A USC entregou os X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero e os VI galardóns Ruth Matilda Anderson de fotografíaUn proxecto docente sobre a materia Estrutura Social e Estado do Benestar, e unha investigación sobre a muller na historia rural foron recoñecidos este mércores cos X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero que cada ano entrega a USC.

O proxecto da profesora da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, Ana Cabana Iglesia, centrado na perspectiva de xénero na historia rural foi galardoado con 1.000 euros na modalidade de investigación. O proxecto de María del Carmen Sánchez Carreira recibiu idéntico galardón na categoría docente, polo seu proxecto na materia Estrutura Social e Estado do Benestar.

O reitor Antonio López presidiu este mércores a entrega duns galardóns que chegan xa á súa décima edición e que poñen o foco nas accións innovadoras dirixidas á inclusión da perspectiva de xénero nos eidos da docencia e da investigación. Para cada unha das modalidades outorgáronse tres premios cunha dotación económica de 1.000, 750 e 500 euros respectivamente. Antonio López destacou que accións coma estas constitúen pasos na boa dirección a prol da igualdade de xénero, porén “non podemos caer na autocomplacencia xa que aínda queda un longo camiño por percorrer”. O reitor tamén subliñou  na súa intervención que o “o feminismo é unha cuestión que atinxe a homes e mulleres” .

Na modalidade de investigación, foron premiados os proxectos de María Isabel Lirola Delgado sobre as estratexias de seguridade marítima, recoñecido co segundo premio; e o de Óscar Suárez Fernández, Isabel María García Sánchez e Jennifer Martínez Ferrero, sobre directivas femininas e xestión de impresións nos informes de sustentabilidade.

No eido docente, o segundo premio recaeu no Seminario Permanente de Comunicación e Xénero ‘ Co(m)xénero’ impulsado dende o Grupo de Estudos Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación pola catedrática Margarita Ledo Andión e pola profesora Marta Pérez Pereiro. O terceiro premio foi outorgado ao proxecto que sobre as adiccións desenvolveron María José Méndez Lois e Alba Elena Martínez santos.

Ruth Matilda Anderson

No acto tamén se fixo entrega VI Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson que aspira a sacar á luz o labor que desenvolven as mulleres na sociedade e des construír, na medida do posible, os estereotipos de xénero acerca dos traballos que son propios de mulleres e de homes, así como motivar a facer unha escolla da carreira profesional dun xeito máis libre e vocacional.

A fotografía ‘Non son a túa boneca’ de María Jesús Varela Pulpeiro, persoal da Oficina de Información Universitaria no campus de Lugo, foi recoñecida co primeiro premio do certame. O segundo galardón recaeu na imaxe ‘Tocando o corno’ de Jesús M. García Devesa; e o terceiro, na fotografía ‘Imos mudar a realidade’ de Adrián Vázquez Rodríguez.

As tres mellores imaxes seleccionadas recibiron como premios, financiados polo Concello de Santiago, unha dotación económica de 1.000 euros para o primeiro, 800 para o segundo e 500, para o terceiro. Ademais, a imaxe gañadora centrará o cartel conmemorativo do Día Internacional das Mulleres en 2020.

Xunto ao reitor Antonio López, tomaron parte na entrega de galardóns a vicerreitora de Comunicación Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; a concelleira responsable de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz Varela; así como a secretaria xeral de Igualdade, Susana Lopez Abella.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies