Inicio Baixo Miño Terras Gauda reúne ao xurado da Bienal Internacional de Cartelismo para valorar...

Terras Gauda reúne ao xurado da Bienal Internacional de Cartelismo para valorar os 1.435 carteis recibidos de 66 paises

Terras gauda reúne ao xurado da Bienal Internacional de Cartelismo para valorar os 1.435 carteis recibidos de 66 paisesBodegas Terras Gauda reúne ao xurado da Bienal Internacional de Cartelismo – Concurso Francisco Mantecón, para elixir os finalistas e premiados entre 1.435 carteis asinados por deseñadores de 66 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

Todas as obras forman parte da exposición, que permanecerá aberta ao público desde este sábado, 26 de outubro ao mércores 20 de novembro, en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 horas, de luns a domingo.

O xurado está presidido por José Mª Fonseca Moretón. Como profesionais invitados, figuran Javier Xaén, deseñador de proxección internacional con traballos para The New York Times, Le Monde ou The Washington Post, recoñecidos por prestixiosas asociacións; e Diego Areso, director de Arte do País e O País Semanal.

O fallo farase público durante a entrega de premios, prevista para o venres, 22 de novembro, na Estación Marítima de Vigo.

BIENAL INTERNACIONAL DE CARTELISMO TERRAS GAUDA – CONCURSO FRANCISCO MANTECÓN

En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:

“Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituír un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honra do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende vos momentos fundacionais, levará ou nome de “Francisco Mantecón”. O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante dous anos”.

Bodegas Terras Gauda e Turismo de Galicia colaborarán no desenvolvemento da convocatoria destes premios. Turismo de Galicia, consciente da tradición desta Bienal, considera que a mesma é de gran interese para a promoción turística de Galicia e, en particular, do enoturismo.

Bodegas Terras Gauda e a Autoridad Portuaria de Vigo, que recolle o inxente traballo de comunicación e prestixio en que se converteu a Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón, na procura da súa vinculación permanente coa Cidade de Vigo e Galicia, asinaron un acordo de colaboración que permitirá por unha banda que o Porto de Vigo, un dos máis importantes do mundo, sexa o escaparate das vangardas da arte internacional mediante a exposición bianual dos orixinais que participan no Concurso, así como lugar de reunión do xurado e marco da entrega de premios.

ORGANISMOS E EMPRESAS COLABORADORAS 2019

  • Autoridade Portuaria de Vigo
  • Secretaría Xeral de Políticas Culturais (Xunta de Galicia)
  • Turismo de Galicia (Xunta de Galicia)

Froito dos acordos anteriores fanse públicas as seguintes bases.

FRANCISCO MANTECÓN

Os Premios de Deseño de Cartelismo Publicitario. “Francisco Mantecón” queren ser unha homenaxe ó home, ó entrañable amigo e ó irrepetible creador e artista que alumeó, co seu talento e singular mestría, todo o tivo algo que ver ca imaxen en Bodegas Terras Gauda dende o seu nacimiento. Pretenden tamén, dende o profundo respeto a sú a obra, abrir horizontes de futuro para novos creadores.

Francisco Mantecón naceu en Vigo, no ano 1948.

Dende a súa licenciatura en Belas Artes, na Escuela San Jorge de Barcelona, participou en máis de 100 exposicións individuais e colectivas, desenrolando unha intensa actividade docente e creativa. Formou parte do grupo “Atlántida” e outros movimentos vanguardistas.
A súa obsesión polo perfeccionismo no fondo e na forma, dende la cultura, a creatividade e o talento, levárono a ser un referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño gráfico en Galicia.

Páxina web da súa biografía.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies