Inicio Val Miñor Baiona O Pergamiño Vindel protagonista en Baiona no Día da Biblioteca

O Pergamiño Vindel protagonista en Baiona no Día da Biblioteca

O Pergamino Vindel protagonista en Baiona no Día da BibliotecaO día 24 de outubro de 1992 durante o conflito dos Balcáns, a Biblioteca de Saraievo foi incendiada por un profesor usuario da Biblioteca, desde 1997 celébrase o Día da Biblioteca para resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión de diversidade Cultural.

Para conmemorar esta data neste 2019 desde a Biblioteca e Arquivo Histórico Municipal de Baiona queren celebralo con todo o público cunha actividade que aglutina literatura, música, relatos, transmisión…. Dita actividade realizarase desde as 18:00 h nas nosas instalacións; consta dun espectáculo – percorrido cantado e explicativo polo pergamiño vindel e as 7 cantigas de Martín Códax (e outros trobadores galego-portugueses).

Interpretaranse as cantigas coa súa notación musical orixinal e farase unha nova reinterpretación das mesmas. Así mesmo contaremos a Historia deste pergamiño e curiosidades das cantigas.

“Ao encontro de Martín Códax” a cargo de Xoán Curiel.”

Xoán Curiel: Cinco discos editados. Premio a mellor álbum en lingua galega nos “Premios de la música independente”. Imparte aulas: Creacións de cancións; iniciación á lectura; teatro; expresión da voz desde o ano 2001 en bibliotecas e centros educativos. Crea e actúa: Conta e canta; A Nena e o Grilo; coas compañías Quinquilláns, Pífano Teátro. Poñen música ao documental Vértice de Versos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies