A adega apoia por duodécimo ano consecutivo uns premios que recoñecen aos mellores do mundo náutico en España.
Terras Gauda une o mundo do viño e o da vela, patrocinando os Premios Nacionais de Vela, que este ano alcanzan a décimo segunda edición. Son os galardóns máis prestixiosos do panorama náutico español e a gala de entrega terá lugar no Monte Real Club de Yates de Baiona o sábado 7 de setembro, no marco do 34ª Trofeo Príncipe de Asturias.
Co seu apoio, a adega impulsa o recoñecemento dos deportistas e institucións de maior relevancia no mundo da vela, e destaca os valores deste deporte: traballo en equipo, esforzo e superación, tal e como manifestou o director xeral do Grupo Terras Gauda, Enrique Costas, durante a rolda de prensa na que se presentaron os galardóns.
“Os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda convertéronse nos premios de maior prestixio do sector e a nómina de proxectos e persoas galardoadas achega un gran valor engadido á nosa marca. Son proxectos de esforzo, éxito e constancia, uns valores polos que tamén apostamos en Terras Gauda, por iso é toda unha honra dar nome a estes prestixiosos galardóns”

En canto ao palmarés de premiados, O Bribón Movistar do Rei Juan Carlos será distinguido como Mellor Barco do ano; e o Estrela Damm, Mellor Barco ORC.
Os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda tamén recoñecerán ao tándem cántabro-galego formado por Diego Botín e Iago López como o Mellor Equipo Olímpico. O equipo é unha das bazas máis prometedoras para as próximas olimpíadas de Tokio 2020.
A campioa do mundo, Violeta del Reino, sumará outra distinción ao seu extenso currículo deportivo: Regatista do Ano.
O Premio ao Mellor Proxecto Deportivo conmemorará o 25 aniversario do Galicia 93 Pescanova, mentres que dúas tripulacións do Real Club Náutico de Vigo recibirán senllos galardóns: Equipo Xuvenil do Ano para o 420 de Martín Wiznery e Pedro Ameneiro; e Monotipo do Ano para o J70 Marnatura, armado pola familia Freire e liderado por Luís Bugallo.
Finalmente, o portal Nauta 360 de Unidad Editorial será galardoado con o Premio Mariano Augado de Comunicación por ser unha referencia en información sobre o deporte de vela e o sector náutico.


“Os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda convertéronse nos premios de maior prestixio do sector e a nómina de proxectos e persoas galardoadas achega un gran valor engadido á nosa marca. Son proxectos de esforzo, éxito e constancia, uns valores polos que tamén apostamos en Terras Gauda, por iso é toda unha honra dar nome a estes prestixiosos galardóns”
