Como vén sucedendo nos últimos anos, ORPAGU e TERRAS GAUDA, dúas entidades fieis ao Baixo Miño, unense para organizar o evento DO MAR Á VIÑA, que mostra a comuñón perfecta entre os produtos de ambas
Como resultado da boa acollida de edicións anteriores, DEL MAR A LA VIÑA creceu e trae novidades moi interesantes: consolídase a MARIDAXE como o eixo central da experiencia, ao que seguirá un aperitivo especial, sempre a cargo de ORPAGU e os viños de TERRAS GAUDA, e por primeira vez, o evento amenizarase con música en directo.
Este ano, a data para o encontro é o venres, 26 de agosto de 2022
Dentro das novidades, nesta edición ofrecemos dúas opcións:
OPCIÓN 1, cunha travesía a bordo do Volanteiro, con capacidade só para 12 persoas. O programa sería o seguinte: 16: 00 encontro na adega e rexistro 16:10 traslado nos nosos vehículos ao porto da Guarda 16:35 navegación a bordo do Volanteiro 17:30 regreso a porto 18:00 encontro no porto 18:30 regreso a adega para visitar a sala de elaboración da adega 18:45 comezo evento – maridaxe guiada, ao vivo music & food
Información e reserva: https://www.latiendadeorpagu.com/product-page/experiencia-barco-visita-bodega-con-maridaje-1
OPCIÓN 2, con visita completa á adega e brinde en viñedo 17:50 encontro na adega e rexistro 18:00 visita completa ás instalacións da adega e brinde con Terras Gauda 18:45 comezo evento – maridaxe, ao vivo music & food
Información e reserva: https://www.latiendadeorpagu.com/product-page/experiencia-visita-bodegacon-maridaje
MARIDAXE PRODUTOS ORPAGU & TERRAS GAUDA
Tres viños brancos elaborados na adega do Rosal combínanse con tres creacións gastronómicas distintas a base de conservas de ORPAGU Pesca de Anzol. Xogar co olfacto e o gusto, e mesturar os sabores de terra e mar, a combinación perfecta.
Tras a maridaxe, podese seguir gozando dun aperitivo con máis opcións culinarias de Orpagu acompañadas dos viños do Grupo Terras Gauda.
A música en directo tamén será protagonista nesta tarde tan especial, na que contaremos cun solista que nos acompañará nesta velada.
O evento finaliza ás 20:30 hrs.