A tradicional Festa do Pan de Ribadumia, é sen dúbida unha das festas máis recoñecidas nas Rías Baixas, tanto polo seu interés gastronómico, como polo etnográfico. A cita deste ano será o vindeiro 13 de agosto.
Ribadumia é terra de auga. Centos de regatos, regos e canles cruzan o concello regando os seus campos e sumándose o río Umia. E a auga de moitos deses regatos foron aproveitados no seu día como forza motriz dos muíños, onde se moia o cereal co que logo se facía o pan, alimento dunha importancia tan capital na dieta dos habitantes de Ribadumia que mesmo as medidas das terras de facía en “cuncas e ferrados de pan”, unhas medidas que se seguen usando hoxe en día.
Para rememorar un tempo no que os muíños eran punto de encontro da sociedade, e a importancia do pan naquela época, desde 2001 celebrase en Ribadumia a “Festa do Pan”.
Durante esa celebración, que ten lugar no mes de agosto, recuperase o funcionamento dun muíño, no entorno dos Muíños do Batan, en Santa Baia, e celebrase logo un serán na carballeira de Ribadumia, amenizado por música tradicional e onde os veciños poden probar diferentes variedades de pan.
Dende a edición do 2015 ademais faise unha aposta por poñer de relevancia os produtos dos panadeiros municipais, un gremio moi asentado no noso concello.
Programa da Festa do Pan en Ribadumia