Inicio Baixo Miño Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita afianzada na...

Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita afianzada na diferenciación dos seus viños

Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita afianzada na diferenciación dos seus viñosA Bodega personalizou a etiqueta da anada 2019 do seu buque insignia para conmemorar esta data sinalada, que marcou o inicio dunha nova era no sector vitivinícola do Rosal

Trinta anos transcorreron xa dende que Bodegas Terras Gauda comezou a comercializar o seu buque insignia, unha mestura das nobres variedades autóctonas: Albariño, Caíño Branco e Loureiro. Un viño de marcada singularidade e personalidade que enseguida engaiolou dentro e fóra das nosas fronteiras.

Para conmemorar este aniversario, personalizouse a etiqueta da anada 2019 co fin de destacar este fito e brindar polos bos momentos compartidos derredor de Terras Gauda. Remontámonos a 1989 para situar o ano da fundación co desafío da diferenciación dende o máximo respecto e a posta en valor das variedades autóctonas do Val do Rosal. Este obxectivo acadouse polo desenvolvemento de diversos proxectos de I+D+i, nomeadamente en colaboración co CSIC e as universidades de Santiago e Vigo.

Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita afianzada na diferenciación dos seus viños https://www.cousasde.com/terras-gauda-celebra-o-30-aniversario-da-sua-primeira-colleita-afianzada

Neste tempo, a bodega foi pioneira con varios estudos. O primeiro, o da selección clonal de uva albariña, permitiu profundar no coñecemento desta variedade e definiu o camiño a seguir: patentar co CSIC un fermento ecotípico exclusivo, extraído do propio viñedo, que reforzou o carácter da variedade e os aromas a froita. Outra patente, a de manoproteínas sobre lías de Albariño, cumpriu o obxectivo de poñer en valor a súa tipicidade e percepción no padal. O recoñecemento da Real Academia Galega de Ciencias co Premio de Investigación 2009 referendou o labor neste ámbito.

Unha segunda etapa nos proxectos I+D+i abriuse para acadar as meirandes cotas de sustentabilidade medioambiental nas máis de 160 hectáreas de viñedo propio. Un viñedo elixido para desenvolver as probas pilotos dun proxecto europeo de viticultura de precisión e que, a día de hoxe, é o eixo central de novos proxectos: atopar alternativas sostíbeis e eficientes aos fitosanitarios, no marco dun consorcio de empresas e grupos científicos europeos; e demostrar os beneficios que ten para o correcto desenvolvemento da vide recobrar o equilibrio de elementos esenciais para o solo.

Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita

Unha aposta pola investigación que a bodega compatibilizou coa súa estratexia de internacionalización e o seu proceso de expansión xeográfica.

A día de hoxe, comercializa os seus viños en todo o territorio nacional e en máis de 60 países de todo o mundo, co Reino Unido, EE UU, Noruega e China como mercados significativos no exterior.

Tres décadas sumando ilusións e compartindo emocións con Terras Gauda e o 100% albariño de Abadía de San Campio, Terras Gauda Etiqueta Negra e La Mar, pura singularidade atlántica polo marcado carácter do Caíño Branco. Un tempo no que a bodega deu o salto dende o Rosal a relevantes zonas vitivinícolas: DOCa Rioja (Heraclio Alfaro), La Ribera del Duero (Quinta Sardonia) e DO Bierzo (Bodegas Pitacum), conformando un grupo bodegueiro de referencia cun denominador común: elaborar viños únicos e auténticos, ligados á terra que identifica a súa orixe e procedencia. A Rosaleira cadrou no grupo pola súa orixe, carácter familiar e historia: é a conserveira vexetal máis antiga de Galicia, fundada en 1940.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies