Inicio Vigo e área Redondela Redondela humanizará a Praza de Ponteareas e a súa contorna

Redondela humanizará a Praza de Ponteareas e a súa contorna

Redondela humanizará a Praza de Ponteareas e a súa contornaO proxecto, dividido en 8 fases, será un dos máis ambiciosos realizado en décadas e suporá un cambio “radical” do principal acceso a Redondela”

O Concello de Redondela xa ten no seu poder o proxecto básico e de execución da remodelación da Praza de Ponteareas que supoñerá a transformación total dunha das principais vías de entrada á vila para convertela nun espazo pensado para o goce da cidadanía dando prioridade aos peóns e con grandes zonas axardinadas. O proxecto, redactado polo estudo de arquitectura Gándara y Pons Arquitectos, integra no conxunto o monumental Pazo de Vilavella nunha gran praza central e que definirá o Camiño de Santiago como parte importante do patrimonio histórico e cultural de Redondela.

Os traballos faranse nun total de 8 fases de execución que, sumadas, ascenden a un importe de máis de 2 millóns e medio de euros. Trátase, en suma, de converter a Praza e a súa contorna nun “espazo amable” para a cidadanía, a través dunha nova ordenación do tráfico rodado e as prazas de aparcadoiro, xerando una mobilidade máis sustentable que incida na calidade do espazo urbano e a activación social, cultural e económica, garantindo a accesibilidade universal e aumentando a seguridade de peóns, en especial escolares e peregrinos que cada ano visitan o  Concello.

A primeira fase, que terá un orzamento superior aos 700.000. euros, implicará unha reforma integral que inclúe unha renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais e unha importante modificación da cota existente. Renovarase a iluminación, incluirase novo mobiliario urbano e plantaranse un gran números de árbores.

Esta reforma será unha das principais actuacións que se desenvolverán durante o mandato do actual Goberno municipal e figuraba como “actuación prioritaria” no programa electoral da alcaldesa Digna Rivas.

“É irónico que Javier Bas anunciara que xa dispoñía deste proxecto na campaña electoral de 2015, cando o certo é que é agora, cinco anos despois, cando se transforma en realidade grazas ao traballo dos funcionarios e funcionarias deste Concello e ao interese e compromiso deste Equipo de Goberno por atender as necesidades da veciñanza”, indica a Alcaldesa, Digna Rivas.

A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 %, e enmarcada dentro da liña de actuación para a promoción da mobilidade, accesibilidade urbana e mellora da seguridade viaria.

Agora, explica Digna Rivas, “o proxecto deberá ser supervisado polos técnicos municipais e  necesitará informe favorable de distintos organismos como Patrimonio Cultural polo que, previsiblemente, a licitación das obras terá que esperar máis tempo do desexado

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies