spot_img
InicioVal MiñorBaionaTécnicas do Ministerio de Medio Ambiente revisan en Baiona o proxecto do...

Técnicas do Ministerio de Medio Ambiente revisan en Baiona o proxecto do que será o primeiro talaso público de Galicia

tecnicas-do-ministerio-de-medio-ambiente-revisan-en-baiona-o-proxecto-do-que-sera-o-primeiro-talaso-publico-de-galicia

Presentación da candidatura do “Poseidón 2”, que incluiría o tratamento medicinal con algas mariñas

O Concello de Baiona recibiu nas últimas horas a técnicas do Ministerio de Medio Ambiente para visitar a vella cetaria na que está proxectado construír o primeiro SPA público de agua salgada en Galicia con tratamento de algas mariñas dentro do plan “Poseidón 2”.

O alcalde de Baiona , Ángel Rodal e o concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde, recibiron na Casa do Concello a dúas técnicas do Ministerio de Medio Ambiente e á directora do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo. Tras coñecer os avances feitos grazas ao proxecto “Poseidón 1”, levado a cabo dende 2014, as técnicas se mostraron interesadas en visitar a zona da cetaria para ver “in situ” a nova proposta do Concello.

As enviadas do Ministerio de Medio Ambiente valoraron moi positivamente a idea de construír un “talaso” público con algas mariñas que poida converterse en un novo atractivo da Vila e sexa referente medicinal tanto para os baioneses coma para os turistas.

Segundo explicoulles Rodal, o proxecto presentado pretende dar un paso máis no desenrolo da zona, posto que grazas ao “Poseidón 1” xa se conseguira mellorar as instalacións e facer uso das bondades da auga de mar, pero agora intentarán ir máis alá e  darlle un uso tópico as algas.

En opinión do rexedor, se o proxecto é validado definitivamente, se acelerarían os traballos ao máximo posible para que puidesen estar finalizados na primavera do próximo ano 2018.

O proxecto “Poseidón 1” permitiu facer obras de saneamento e adecuación do muro da balsa, con accesos para acceder á zona do solárium en madeira de pino como elemento de unión co paseo a través dunhas escadas de estrutura metálica e pasos das mesmas características ca plataforma.

Aqueles traballos estiveron cofinanciados polo FEP (Fondo Europeo de Pesca), cun orzamento de 83.702,86 euros, dos cales 55.340,73 euros serían subvencionados nun 75 % por Fondo Europeo de Pesca e o 25 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e da Consellería do Medio Rural e do Mar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.