spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTanxugueiras marcará o ritmo do magosto en Moraña

Tanxugueiras marcará o ritmo do magosto en Moraña

Tanxugueiras marcará o ritmo do magosto en MorañaA explanada do Multiusos acollerá o 12 de novembro a partir das 21.00 horas un magosto que se completará coa actuación do grupo confomado por Olaia e Sabela Maneiro e por Aida Tarrío.

O venres, a vila de Moraña recibirá a unha das formacións musicais da nosa terra que máis
está a despuntar nos últimos tempos. Tanxugueiras actuará o 12 de novembro a partir das
21.30 horas, na Explanada do Multiusos de Moraña.

Ata este enclave desprazouse o alcalde, José Cela, para presentar este concerto, que será
o peche de ouro do Magosto que organiza o Concello no mesmo lugar a partir das 21.00
horas e no que además de castañas, haberá chourizos e bebidas.

A actuación das Tanxugueiras forma parte do programa Musigal, da Deputación de
Pontevedra, grazas ao cal a vila morañesa acollerá a esta agrupación, conformada polas
voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, pandereteiras que están a reformular
e a evolucionar as músicas de creación colectiva galega.

Autoras de éxitos como Figa ou Midas, veñen de colleitar premios como o de Mellor
adaptación de peza tradicional nos Premios La Opinión de Música de Raíz 2020 ou a
distinción do seu disco entre a selección dos 20 mellores que fai a World Charts Europe. O
seu videoclip de Perfidia tamén quedou finalista nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual
Galego do 2019.

A entrada, tanto ao concerto como ao magosto, será libre, e desde o Concello pregan que
en todo momento se manteñan as medidas sanitarias correspondentes.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.