Inicio O Morrazo Marín Tania Castiñeira, Sara Cortegoso e Manu Parada, convocados pola Federación Española de...

Tania Castiñeira, Sara Cortegoso e Manu Parada, convocados pola Federación Española de Taekwondo para os Open de Sofía e Turquía

Tania Castiñeira, Sara Cortegoso e Manu Parada, convocados pola Fedración Española de Taekwondo para os Open de Sofía e TurquíaA Federación Española de Taekwondo deu a coñecer a convocatoria para os Open de Turquía e Sofía e na mesma figuran tres galegos: Tania Castiñeira (Moaña), Sara Cortegoso (Pontevedra) e Manu Parada (Ribeira). Ademais, viaxando co seu club (e becados pola Galega) tamén participarán nestas competicións Arlet Ortiz e Iván García (Marín).

Estos torneos celébranse un tras outro, polo que as e os deportistas viaxarán de Sofía en dirección a Estambul para a seguinte competición. O Open de Sofía (Bulgaria) será o primeiro en celebrarse, do 5 ao 7 de marzo, e na convocatoria temos aos tres galegos que están a adestrar en Centros de Alto Rendemento. Manu Parada (-68) atópase no CAR de Madrid como externo, mentres que Sara Cortegoso (-46)  e Tania Castiñeira (+73) están internas no CAR de Barcelona. Posteriormente, terá lugar o Open de Turquía, en Estambul, do 8 ao 13 de marzo, cos mesmos protagonistas representando ao taekwondo galego.

Beca da Federación Galega

Tania Castiñeira, Sara Cortegoso e Manu Parada, convocados pola Fedración Española de Taekwondo para os Open de Sofía e Turquía

Ademais, fóra da convocatoria da Española, Arlet Ortiz (-57 quilogramos) e Iván García (+80) tamén competirán nos Open de Sofía e Turquía!  Eles viaxarán co seu club, o Mat´s, e ademais contarán cunha beca da Federación Galega de Taekwondo, para poder afrontar os gastos da viaxe.

Dende a Federación Galega queremos desexarlle moita sorte aos nosos taekwondistas nestas dúas citas internacionais!

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies