spot_img
InicioO MorrazoBueuSonRías Baixas 2022 propón para a primeira semana de agosto tres xornadas...

SonRías Baixas 2022 propón para a primeira semana de agosto tres xornadas intensas de música, gastronomía e lecer

SonRías Baixas 2022 propón para a primeira semana de agosto tres xornadas intensas de música, gastronomía e lecerO evento, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu, incorpora no seu cartel unha sesión vermú con Grande Amore e La Duendeneta e pon á disposición do público os últimos abonos e entradas á venda na web www.sonriasbaixas.info 

Revista COUSAS DE nº14

En dez días dará comezo a gran cita da música ao vivo no Morrazo deste verán. O festival SonRías Baixas 2022, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu, deu a coñecer esta mañá a súa programación completa, un cartel ecléctico, festivo e dinámico que contará con Kase.O JazzmagnetismTanxugueirasRayden, La M.O.D.A., DelaporteRels B, Arnau Griso, Ciudad Jara, Eskorzo, Sofía Gabanna, Sara Hebe, Bala, SuuJazzWomanEmlanMaurinoCool Nenas, Buhos, García Mc & Nación Quilombo, Balkan Paradise Orchestra e as dúas últimas incorporacións reveladas esta mañáGrande Amore e La Duendeneta

SonRías Baixas será o marco no que 11 bandas e artistas presenten os seus novos shows ou traballos discográficos. 

O evento propón así un programa amplo e variado, que combina artistas consolidadas con bandas emerxentesfacendo fincapé na intención de chegar a todos os públicos ao incluír no seu lineup estilos diversos como o rap, o rock, o stone, as músicas de raíz ou mesmo o pop. AdemaisSonRías Baixas será o marco no que 11 bandas e artistas presenten os seus novos shows ou traballos discográficos. 

A praia de Beluso acolleu este martes 26 a presentación da 19ª edición do festival. O acto contou coa participación do equipo que dirixe SonRías Baixas, Jordi Lauren e Berta Dominguez; ademais do director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil; da deputada provincial de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias; e do concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal. Tal e como apuntou Jordi Lauren, serán “tres xornadas intensas de música, gastronomía, praia e lecer no corazón das Rías Baixas”. “O Sonrías é un evento que pon en valor o territorio como destino turístico, musical e cultural. Apostamos por un modelo de festival responsable, sostible e de futuro. Facilitaremos que as e os milleiros de asistentes gocen dun evento de gran formato no que poden gozar do turismo de sol e praia, á vez que permite achegar o talento de artistas galegas emerxentes e favorece a o  fortalecemento da ‘economía km 0’ a través da colaboración con provedores de proximidade ”, salientou o co-director. 

Pola súa banda, Berta Dominguez lembrou que SonRías Baixas é un dos festivais galegos “que cada ano suma máis público novo” e que moitas das asistentes “gozarán no 19º SonRías do seu primeiro festival”. A co-directora destacou a recuperación do gran formato do evento, con dous escenarios (Turismo Rías Baixas e Xacobeo 21-22), a presenza significativa de mulleres programadas no cartel e anunciou a incorporación dunha sesión vermú o sábado 6, que contará coa música de dúas figuras imprescindibles da escena galega na actualidade:  Grande Amore e La Duendeneta 

Ademais, Domínguez lembrou que aínda é é posible adquirir os últimos abonos ou entradas de día a través da páxina web oficial www.sonriasbaixas.info. O abono (desde 50 euros máis gastos de xestióninclúe acceso á zona de acampada, situada a 150 metros da praia, e as entradas de día (desde 30 euros máis gastos de xestión) permiten asistir a xornadas concretas do evento. 

O director da Agadic saudou a aposta polo traballo en común con empresas localis e a programación do evento, que cualificou de “espectacular”. Á vez, destacou a participación das artistas emerxentes de Galicia. Pola súa banda, a deputada de Turismo salientou o “compromiso claro” coa igualdade e o medio natural do festival, “un evento de referencia para a xente nova”. Ao fío, sinalou que o evento tamén incluirá un concerto no marco do programa provincial Descúbreas, e que o recinto contará cun stand da Deputación de Pontevedra para de prevención das violencias machistas. Finalmente, o concelleiro de Cultura de Bueu apuntou a diversidade da oferta para todos os públicos e valorou a traxectoria do evento. “Non é algo que xurdiu neste momento. Agora recolle o sementado ao longo de moitos anos nos que a equipa traballou arreo”, aseverou Leal.  

Programación por días

Os concertos do 19º SonRías Baixas arrancarán o xoves 4 nunha xornada protagonizada polos ritmos urbanos e pola aposta por artistas novos con carreiras emerxentes. O cartel do xoves destaca pola presenza do dúo electropop Delaporte, que dará a coñecer ‘Abril’, o seu último traballo discográfico, e do magnetismo único e pop urbano de Rels B, quen aúna decenas de millóns de seguidores en todo o mundo. Sobre o escenario do Multiusos da Estacada tamén estarán Sofía Gabannaunha das grandes promesas do rap arxentinoJazzWomanrapeira valenciana sempre disposta a abordar nos seus temas a denuncia social e o empoderamento feminino e que participará por vez primeira nun festival galegoMaurinoquen amosará por primeira vez en Galicia o seu future latin, e a rebordate enerxía de Cool Nenas (Mariagrep, Dani Costas e Kimberley Tell), sempre preparadas para ofrecer a festa perfecta. 

O venres 5 o SonRías continuará co seu habitual espírito festivo, cheo de potencia e enerxía coas actuacións de Kase.O, que regresa a Bueu co seu proxecto ‘Jazz Magnetism’, despois de esgotar as entradas do anto pasado, e na que será a súa última actuación en Galicia antes da súa retirada dos escenarios; o rapeiro Rayden, coñecido pola súa lírica e habilidade para fusionar xéneros musicais, e que chega ao festival coa súa xira do 20º aniversario; ou Ciudad Jara, o proxecto musical de Pablo Sánchez (La Raíz), que presenta nun potente directo o seu novo disco, ‘Cinema’.  A noite do vernes tamén contará coas actuacións de Buhos, o grupo festivo de referencia en Cataluña na actualidade e que unicamente estará en Galicia no marco do SonRíasBala, destacado dúo galego da escena do rock/metal alternativo que dará a coñecer o seu último disco, ‘Maleza’; Emlan, na súa primeira actuación en territorio galego cun novo e sorprendente espectáculo de rock e pop; e García Mc & Nación Quilombo, que proporá ao público unha estimulante viaxe polas dez illas do seu ‘Arquipélago Quilombo’. 

A programación pecharase o sábado 6 con Tanxugueiras, o trío de pandeireteiras que está a revolucionar a música tradicional galega e na que será a primeira actuación nun festival logo do lanzamento do seu novo disco, ‘Diluvio’; La M.O.D.A., unha das bandas co directo máis potente do momento, e que presentará o ‘Nuevo Cancionero Burgalés’ no SonRías –na súa única cita na provincia de Pontevedra deste verán-; ou Arnau Griso, no que será o seu derradeiro concerto ante o público galego. Completan o cartel desta terceira xornada de SonRías Eskorzounha das bandas pioneiras do movemento mestizo en España e que está a celebrar o seu 25º aniversario; Sara Hebe, coa única data confirmada para Galicia este verán e na que presentará o seu último disco, ‘Sucia Estrella’; Balkan Paradise Orchestrabig band formada integramente por mulleres nas que os ventos e as percusións farán bailar ás e aos asistentes; e Suuunha das novas voces catalanas máis destacadas da actualidade e quen dará a coñecer ‘Karaoke’. 

- Publicidade -spot_img