spot_img
InicioO MorrazoMarínOs grandes cruceiros volven sucar as augas da Ría de Pontevedra na...

Os grandes cruceiros volven sucar as augas da Ría de Pontevedra na 25ª Edición da Regata do Club do Mar de Aguete

Os grandes cruceiros volven sucar as augas da Ría de Pontevedra na 25ª Edición da Regata do Club do Mar de Aguete A Regata está Incluída no calendario nacional da Real Federación Española como clasificatoria galega para a Final do Campionato de España de Cruceiros

Revista COUSAS DE nº14

As instalacións do Real Club de Mar de Aguete en Seixo-Marín, acolleron a presentación do seu evento deportivo por excelencia, a Regata Cruceiros de Aguete que cumpre este ano as súas vodas de prata coa 25ª Edición. A súa presidenta María del Carmen de la Puente estivo acompañada da alcaldesa de Marín, María Ramallo; Comandante-Director da Escola Naval Militar, capitán de navío Pedro Cardona Suanzes; presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez Costa; presidente en funcións da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde Fernández; deputada provincial de Cohesión Social, Olga María García Ballesteros e a comodora do Club, Celina Torrado, así como distintos patrocinadores, colaboradores e xunta directiva do club organizador.

O evento celebrarase esta próxima fin de semana, 30 e 31 de xullo, facendo que a Ría de Pontevedra sexa novamente escenario dunha das citas anuais máis importantes de Galicia no deporte da Vela na clase Cruceiro, dado que este evento é o máis lonxevo desta comunidade autónoma dos designados (este ano é o único galego) pola Real Federación Española de Vela como puntuable para a Copa de España de Cruceiros con 19 anos seguidos. Este ano ademais, será regata Clasificatoria Galega para acudir á final do Campionato de España de Cruceiros desta tempada e que se celebrará a primeiros de outubro.

A organización espera contar coa participación de 30/35 embarcacións participantes, cuxa inscrición aínda se está realizando nestes días, debido a que teñen de prazo para facelo ata o vindeiro venres día 29 de xullo.

Novamente este ano convídase a participar tamén de forma especial nunha clase exclusiva para eles, aos denominados Veteranos Clásicos, para que poidan gozar navegando xunto aos modernos barcos de regatas. Son este tipo de embarcacións que se atopaban ata hai poucos anos totalmente paradas nos portos e mariñas por estar desfasadas ou xa con poucas prestacións.

Seguindo o mesmo formato que tanto éxito deulle a esta regata case desde o principio da súa creación, constará de dúas xornadas nas que se disputarán un máximo de catro probas.
O sábado día 30 de xullo a partir das 14:00 horas levará a cabo a regata Luz Solidaria, costeira de 20 millas pasando polos faros e balizas marítimas próximos a Ons e Bueu e con entrada e saída fronte ao club de Aguete, xogándose os participantes o Trofeo Capitán de Corveta Jaime Janer, ilustre mariño e gran valedor de Marín, que fose o primeiro director da Escola e Polígono de Tiro Naval da Armada, na que hoxe é Escola Naval Militar. Trofeo que leva disputando desde o ano 2015. Lembremos que o ano pasado gañouno o “Magical” (Swan 42 – Julio Rodríguez – RCN Vigo).
Na xornada do domingo en cambio, serán percorridos técnicos (percorridos ao vento) a partir das 12:00 horas montados entre balizas fronte ao club e dunhas 6 millas de lonxitude cada un que reúnen a numeroso público para observar de preto as evolucións dos barcos, poñéndose en xogo os Trofeos Concello de Marín e Porto de Marín respectivamente neles.
Todas as probas poderán ser seguidas en directo por imaxe virtual mediante o sistema de seguimento Estela que aplicará a empresa organizadora técnica, Desmarque S.L.
- Publicidade -spot_img