spot_img
InicioCondado ParadantaÉxito de participación na oitava edición do festival Danzando entre Culturas de...

Éxito de participación na oitava edición do festival Danzando entre Culturas de Ponteareas

Éxito de participación na oitava edición do festival Danzando entre Culturas de PonteareasO festival de folclore internacional congregou a centos de persoas no parque da Feira Vella

Revista COUSAS DE nº14

Ponteareas acolleu unha nova edición do Festival Internacional Algazara ‘Danzando entre Culturas’, organizado pola Agrupación Folclórica Algazara en colaboración co Concello.

Tras dúas edicións sen presenza internacional, por mor da crise sanitaria, este ano o festival contou coa participación de grupos de Porto Rico, Indonesia, Angola, Brasil e o público respondeu: centos de persoas acudiron ao parque da Feira Vella para desfrutar dunha noite máxica.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quixo felicitar a Algazara “polo seu esforzo e dedicación e por sacar adiante un ano máis un proxecto único que pretende achegar a Ponteareas a música doutros lugares do mundo ao mesmo tempo que se lle da pulo á nosa música tradicional.”

A Agrupación Folclórica Algazara é un grupo xa histórico en Ponteareas. Nado en 1997 cando un grupo de amigos decidiu unirse para recuperar e difundir o folclore tradicional da comarca do Condado e de Galicia, nos seus 25 anos de historia a agrupación participou en numerosos festivais por toda a península ibérica. Ademais do festival ‘Danzando entre Culturas’, tamén organiza o Festival Algazara, que cada outono achega á vila a grupos de folclore nacional.

- Publicidade -spot_img