Inicio Pontevedra Baixo Miño Sócrates seguirá nos xardíns de Troncoso despois das obras de acondicionamento

Sócrates seguirá nos xardíns de Troncoso despois das obras de acondicionamento

Sócrates seguirá nos xardíns de Troncoso despois das obras de acondicionamentoA concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, supervisou hoxe nos xardíns de Troncoso,  xunto á empresa adxudicataria e técnicos, o lugar onde se van realizar as obras de acondicionamento que comezarán o próximo luns 23 de setembro.

As obras que están financiadas ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, teñen un prazo de execución de mes e medio, sendo o seu obxectivo, rexenerar este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín. A zona sobre a que se vai actuar era un dos antigos baluartes da muralla da cidade polo que as actuacións a realizar contarán cun control arqueolóxico durante a obra.

O novo deseño a executar nas próximas semanas busca potenciar a condición de lugar tranquilo, rodeado de natureza, deste espazo ao tempo que crear un espazo sensitivo coa combinación de árbores de sombra coma tilos con céspede e plantas aromáticas coma lavanda, tomillo, santolina, salvia e setos de buxo.  Dotarase a todos os xardíns de sistema automático de rego.

Os elementos existentes na actualidade coma a balaustrada de pedra, as pérgolas, a fonte, unha paxareira, e as farolas serán retiradas e depositadas na nave municipal en Guillarei para a súa recuperación e posterior uso noutros espazos. Igualmente as plantas existentes na actualidade, que serán retiradas plantaranse, noutros lugares. Manterase no seu actual emprazamento tanto o busto de Sócrates coma o monumento a Faustino Rey Romero.

As obras foron adxudicadas por importe de 49.388,06 € á empresa Excavaciones Y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

Dende o Concello de Tui faise un chamamento á poboación a respectar a zona de obras, que estará debidamente sinalizada, para evitar calquera tipo de risco mentres duren os traballos.Sócrates seguirá nos xardíns de Troncoso despois das obras de acondicionamento

UN BUSTO CON MOITA HISTORIA

 

A efixie actual foi custeada polos veciños para substituír a que foi arroxada ao Miño en 1936.

Debaixo das augas do Miño, seguen estando, desde xullo de 1936, tanto o pedestal de sillares como a cabeza de pedra do filósofo grego que tallaran Benito Prieto Coussent e os seus alumnos de debuxo e modelado no instituto de segundo ensino.

74 anos despois unha comisión cidadá encargouse de organizalo todo para devolverlle as honras a Sócrates e a Coussent, conseguindo que o concello pagase a pedra e os medios materiais, que xunto cunha subscrición popular, custearán os 7.000 euros da réplica da escultura orixinal. Finalmente, foron os alumnos do IES San Paio os que modelaron en barro o busto, e o escultor Rosendo González tallouna en granito.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies