Inicio Pontevedra Baixo Miño Emprega Tui puxo en contacto a demandantes de emprego e empresas para...

Emprega Tui puxo en contacto a demandantes de emprego e empresas para coñecer as necesidades empresariais e como afrontar os procesos de busca de emprego

Emprega Tui puxo en contacto a demandantes de emprego e empresas para coñecer as necesidades empresariais e como afrontar os procesos de busca de empregoMáis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados.

Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE. O foro comezou gardando un minuto de silencio en memoria das tres mulleres asasinadas onte en Valga, previo ao acto de apertura.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, na súa intervención salientou a importancia da participación da sociedade e da colaboración e aportación da masa empresarial. Indicaba que é fundamental implicar a todo o sector empresarial.  Ao tempo salientou que a administración ten que ser unha ferramenta eficaz para facer coincidir as prioridades dos demandantes e das empresas. Tamén avanzou  que dende o Concello de Tui van seguir apostando por este tipo de actuacións en formación.

A concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, apuntou que o obxectivo deste foro é integrar e facer de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas.  Lembrou que está organizado a través do Programa Integrado de Emprego, no que participan un centenar de persoas das 65 se incorporaron xa ao mercado laboral,12 están en proceso de formación práctica vinculada á incorporación a distintas empresas, e 3 contan con proxectos de autoemprendemento. Detallou tamén os catro itinerarios formativos realizados e a formación ofrecida en moi diversos eidos para mellorar a empregabilidade dos participantes.

A continuación Ana Concheiro, técnica do PIE, explicou que é este programa de integral de emprego que estará vixente até o 31 de outubro.  Da man da consultora Quick Up, do Eures Transfronteirizo, e ADECCO os participantes puideron coñecer a importancia de facer un currículo e como é por dentro un proceso de selección e puideron solventar as dúbidas que tiñan con respecto a distintos procesos selectivos, como afrontar unha entrevista de traballo ou traballar no país veciño. A parte final do foro correu a cargo de Luís Prados de Star Servicios, Matías García de Alonarti, Jesús López de Utingal, Carmen Crusat do grupo Marsan e Alberto Valin do Grupo Maier Ferroplast  que presentaron cada un súa empresa, as distintas políticas de reclutamento de cada unha delas e falaron dos procesos selectivos abertos nestas empresas para España, Portugal e Europa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies