spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Escola de Arquitectura de Coruña traslada as súas aulas ao concello...

A Escola de Arquitectura de Coruña traslada as súas aulas ao concello de Gondomar

A Escola de Arquitectura de Coruña traslada as súas aulas ao concello de GondomarAo redor dun centenar de estudantes da Escola de Arquitectura de Coruña chegaron hoxe a Gondomar onde este curso académico desenvolverán a materia de proxectos, correspondente ao segundo ano de formación.

Durante toda a xornada achegáronse a diferentes aspectos da historia e arquitectura do municipio, centrándose na contorna verde do Pazo do Conde de Gondomar.

O grupo foi recibido polo alcalde, Paco Ferreira, e parte do goberno local. O alcalde agradeceu aos docentes a elección do municipio e mostrou o seu convencemento de que “non vos arrepentiredes”. Aos estudantes transmitiulles o seu desexo de que “Gondomar quede sempre gravado nas vosas retinas como un concello onde vos trataron ben e aprendestes moitas cousas para convertervos en grandes profesionais”.

Destacou Ferreira que o gran potencial cultural, patrimonial e paisaxístico que alberga a localidade “convértea nun concello apropiado para os estudantes de arquitectura e o desenvolvemento de futuros proxectos”.

Nesta primeira toma de contacto académico dos estudantes con Gondomar, a xornada dividiuse en dous partes. Na primeira delas, a través dunha exposición gráfica por parte do arquitecto municipal, achegáronse á topografía e paisaxe de Gondomar a escala territorial do concello, centrándose en como creceu esta localidade e como se vai configurou no territorio.

Xa pola tarde os estudantes desprazáronse á contorna do Pazo do Conde de Gondomar onde visitaron o seu patio de armas e o bosque que o rodea, coa idea de descubrir as distintas as posibilidades de proxectos paisaxísticos que se poden desenvolver na zona, como parte do curso.

A elección de Gondomar por parte da Escola de Arquitectura de Coruña é froito dun acordo pechado o pasado mes de agosto, tras manifestar a responsables da área de proxectos o seu interese pola riqueza arquitectónica da localidade. No encontro mantido hai dous meses expuxéronse as ideas sobre as que traballar, entre as que xa se apuntou a zona verde do Pazo do Conde de Gondomar, que hoxe visitaron. A elas súmase tamén a posibilidade de estudar o antigo cinema do municipio, ou impartir seminarios concretos sobre a figura do arquitecto Xosé Bar Boo, arquitecto municipal no concello e referente do movemento moderno na arquitectura galega. A Cámara Agraria, a Praza de Abastos ou o citado cinema son algúns dos exemplos do seu traballo.

- Publicidade -spot_img