spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAreeiro advirte do peligro que supón a proliferación dunha bolboreta asiática

Areeiro advirte do peligro que supón a proliferación dunha bolboreta asiática

Areeiro advirte do peligro que supón a proliferación dunha bolboreta asiática
Síntomas e eiruga alimentándose

Un aviso fitopatolóxico extraordinario alerta da proliferación da Cydalima perspectalis por causa das altas temperaturas da pasada fin de semana

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un aviso extraordinario ante a presenza xeneralizada de bolboreta do buxo, un insecto invasor orixinario do leste de Asia que se alimenta exclusivamente de buxo. A proliferación deste animal, cuxo nome científico é Cydalima perspectalis, é debida á evolución das eirugas desta bolboreta por efecto das temperaturas tan elevadas da pasada fin de semana, que chegaron a superar os 30ºC.

Deste xeito, tal e como informa a xefa da Unidade de artrópodos e control integrado de Areeiro, Rosa Pérez Otero, as sebes e plantas illadas comezaron a presentar síntomas cuxa evidencia depende da comarca. Así, na parte sur da provincia a notoriedade dos sinais é máis alta, aínda que isto tamén depende das condicións particulares de cada exemplar.

Consecuentemente, é imprescindible levar a cabo un proceso de revisión dos arbustos na procura de síntomas para valorar a necesidade de aplicación dun tratamento inmediato ou de intervención. Esta revisión debe ser exhaustiva, dado que os indicios poden pasar inadvertidos se se concentran na zona baixa das plantas.

Así, a eiruga é de cor verde e mide entre 35 e 45 milímetros. A bolboreta nocturna, pola súa banda, posúe ás de cor branca, pode chegar a acadar entre os 26 e os 45 milímetros de envergadura e séntese atraída pola luz. Ademais, as bolboretas poden percorrer longas distancias a través do aire, o que, unido á súa capacidade de reprodución e os seus hábitos alimentarios, é perxudicial para a flora galega.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.