Inicio Pontevedra SMARTPEME, o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación de Pontevedra pon en...

SMARTPEME, o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación de Pontevedra pon en marcha catro novos obradoiros online

Rodrigo González Rouco, alumno do CPI Cova Terreña de Baiona, foi o gañador do Concurso de deseño #Enreda na RedeEntre o 30 de marzo e o 3 de abril estarán dispoñibles cursos sobre xestión de redes sociais, ferramentas de xestión de tarefas ou creación de contidos web

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, o seu programa de asesoramento tecnolóxico, ofertará a próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online.

Debido ao suspenso das actividades formativas presenciais, a Deputación está a desenvolver unha carteira de obradoiros que se imparten online empregando as ferramentas telemáticas habilitadas para o equipo de asesoras e asesores do programa (en concreto o programa de formación Moodle). As accións formativas, que contan con 10 prazas cada un, versan sobre xestión de redes sociais, deseño gráfico, servizos na nube, ferramentas de traballo en equipa, ferramentas de xestión de tarefas, creación de contidos web ou posicionamento online. Os cursos online programados para esta semana, todos en horario de 12.00h a 13.00h, son os seguintes:

  • Luns 30 de marzo: “Así funciona Whatsapp Business“, impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia e especializado en sistemas informáticos.
  • Martes 31 de marzo: “Ferramentas de chat e atención ao cliente”, impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e imaxe corporativa.
  • Mércores 1 de abril: “Que imaxe dou co meu Instagram”, impartido por Lara Taboada, titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
  • Venres 3 de abril: “Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades”, impartido por Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña e posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Para inscribirse en calquera das catro actividades que se van desenvolver esta próxima semana só cómpre contactar a través das canles habituais de Smartpeme, podendo atopar máis información na súa páxina web (https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies