Inicio Galicia Unha aplicación para móbil informa a empresas e autónomos sobre as medidas...

Unha aplicación para móbil informa a empresas e autónomos sobre as medidas económicas e laborais aprobadas ante o coronavirus

Unha aplicación para móbil informa a empresas e autónomos sobre as medidas económicas e laborais aprobadas ante o coronavirusA Xunta activa unha aplicación para teléfono móbil coa que informa a empresas e autónomos sobre as medidas económicas e laborais aprobadas ante o coronavirus. Os interesados poden darse de alta a través da app Gohu e recibir, de xeito gratuíto, toda a información no seu móbil

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da app Gohu, vén de activar unha canle de novas dirixida a empresas e autónomos a través da que poderán recibir toda a información de interese relacionada coas medidas que se están a adoptar desde a Xunta -especialmente no ámbito económico e laboral- con motivo do estado de alarma polo coronavirus.

As persoas interesadas deben descargar a aplicación desde Google Play Store ou Apple Store; crear un usuario; e introducir o enderezo postal. Deste xeito, a plataforma poderá enviar a información ao usuario e este recibila en tempo real directamente no seu teléfono móbil de xeito automático. Este servizo é totalmente gratuíto. Nestes momentos xa hai preto de 1000 usuarios rexistrados.

Con esta nova ferramenta, a Xunta busca estar máis preto dos autónomos e empresarios nestes momentos de dificultade, achegándolles información sobre as medidas das que se poden beneficiar para minimizar o impacto do coronavirus nos seus negocios. E súmase a outras medidas como a Liña Empresas posta en marcha nos últimos días: un teléfono gratuíto (900 815 600) para atender consultas sobre a tramitación dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).

Así, desde a Xunta estanse impulsando accións para permitir que o tecido empresarial galego conte cos fondos necesarios para facer fronte ao seu día a día, como a liña de financiamento a través de préstamos, o aprazamento das cotas de amortización e xuros dos préstamos formalizados coa Xunta -a través do Igape e XesGalicia-, ou unha liña de financiamento para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva e poder fabricar material sanitario. No eido da prevención, tamén se elaborou unha guía con especial atención aos traballadores, que foi editada polo Issga coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia e os principais sindicatos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies