Situado na parroquia de Maceira o Serradoiro dos Carranos é un dos lugares de máis interés para visitar no concello de Covelo
O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o aserradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de Madeira, unha pequena forxa e un pequeño almacén. Tamén podemos apreciar un pequeño forno para a queima de residuos e os raíles para o transporte de Madeira ata o interior do serradoiro.
O serradoiro foi construído por Benito Vales en 1922, sobre a base dun antiguo muiño, estando en funcionamento até bien entrados os anos 1990 ao mando de Joaquín Vales
O serradoiro en si representa unha mostra de enxenería hidráulica tradicional, paradigma de utilización racional do poder da auga de forma totalmente integrada no medio, tanto funcional como estructuralmente. Dalgunha maneira, podería simbolizar a relación cíclica entre o home e o medio nas terras do Tea, desde que se cortan as árbores até que se utilizan os apeiros e utensilios para manter a intervención sobre o territorio mediante todo tipo de actividades: agro, gando, monte, muiños ….
Utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído aproximadamente en 1922, coincidindo curiosamente coa construcción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construcción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo. O serradoiro recibe auga do regato de Vixiáns, no cal se construiu unha pequena presa para facilita-la recollida de auga. Desta presa a auga canalízase a través de dúas comportas cara á levada que verte á noria. Estas comportas ábrense á man, coa axuda dun sacho, e o acceso ata elas faise a través dunha escaleira tallada na rocha. A noria recibe a auga e transmite o seu movemento ó conxunto de rodas e correas de transmisión, que posteriormente moverán as máquinas (serra, torno e cepillo).
A noria que podemos ver hoxe en día é a terceira que se monta e ten un diámetro aproximado de máis de seis metros. As rodas e correas de transmisión atópanse no soto do serradoiro. As rodas non se cambiaron dende a súa construcción e incluso unha das correas (feitas en lona) é aínda a original de 1922. Dende aquí a forza só se pode transmitir a un dos dous conxuntos de máquinas. Por unha banda está a serra de cinta e por outra banda un conxunto de dúas máquinas, un torno e un cepillo, que dispón ademáis de serra circular e taladro. Cando funciona a serra non poden funcionar o cepillo e mailo torno, xa que só unha das dúas correas de transmisión pode estar traballando.
A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí. A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación, xa que se sitúa á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.
Traballábase a madeira dos bosques da conca do Tea, nomeadamente carballo, piñeiro do país e bidueiro, e outras árbores segundo as características e esixencias do obxecto a fabricar
Os Carranos fabricaron principalmente táboas e vigas para a carpintería propia onde logo construían carros (que lle deu nome á familia e ao lugar), apeiros de labranza (arados, angazos, paos….), estructuras para a casa ( travesas, pisos, xanelas, marcos…), elementos do fogar (mesas, cadeiras, banquetas, artesas, etc.), e moitos outros utensilios varios de uso doméstico e profesional.
As árbores eran deitadas orixinalmente con serras manuais e transportados en carros de bois, construidos á súa vez con madeira extraida desas mesmas árbores, carballo maiormemte, e bidueiro para fabricar os eíxos. Pasada a segunda metade do século XX mecanizouse a corta e o transporte, ao introducírense a motoserra e os tractores, o cal habería afectar tamén á actividade fabril do serradoiro
O serradoiro é hoxe un museo e a súa entrada debe ser concertada. Por un módico prezo poderase gozar da maquinaria en funcionamento como o facía fai case cen anos.