Inicio Pontevedra O Salnés Sanxenxo súmanse esta semana ao novo circuíto 'Cinemas de Galicia' da Consellería...

Sanxenxo súmanse esta semana ao novo circuíto ‘Cinemas de Galicia’ da Consellería de Cultura e Educación

O Pazo Emilia Pardo Bazán é un dos espazos asociados a esta rede municipal de exhibición cinematográfica, que bota a andar cunha primeira programación bimestral en catro concellos

En Sanxenxo o proxecto arranca este domingo con ‘9 ondas’, do director italiano afincado en Ourense Simone Saibene, ademais de ofrecer outros cinco filmes galegos de ficción, animación e documental 

O concello de Sanxenxo inicia esta semana a súa programación como parte de ‘Cinemas de Galicia’, o novo circuíto de exhibición cinematográfica creado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este municipios está a participar na fase de implantación deste proxecto xunto cos do Carballiño, As Pontes e Foz.

A rede, que bota a andar cunha primeira carteleira bimestral novembro-decembro, ten como obxectivo achegarlles o cine en pantalla grande aos espectadores de localidades sen salas comerciais, así como aumentar as posibilidades de distribución dos filmes producidos en Galicia.

Sanxenxo súmanse esta semana ao novo circuíto 'Cinemas de Galicia' da Consellería de Cultura e EducaciónPazo Emilia Pardo Bazán
No caso de Sanxenxo, a programación de Cinemas de Galicia desenvolverase no Pazo Emilia Pardo Bazán a partir deste domingo día 30, ás 19.00 horas, cando terá lugar a proxección de ‘9 ondas’, do director italiano afincado en Ourense Simone Saibene.

O cinema producido en Galicia terá un destacado protagonismo neste concello pontevedrés, con catro títulos máis en cartel: ‘Arraianos’, de Eloy Enciso (6 de decembro, 20.30 horas); ‘A cicatriz branca’, de Margarita Ledo (21 de decembro, 20.30 horas), ademais de ‘O ouro do tempo’ (13 de decembro, 20.30 horas) e ‘A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella’ (30 de decembro, 17.30 horas). A esta oferta galega súmase, ademais, a proxección de ‘Stockholm’ o 26 de decembro, ás 20.30 horas.

Máis de 1.200 butacas
O  Pazo Emilia Pardo Bazán é un dos catro espazos que vertebran a posta en marcha de Cinemas de Galicia e que, xunto co o Cine Alovi de As Pontes o Auditorio Municipal do Carballiño e o Salón de Actos do Cinema de Foz, suman un total de 1.232 butacas adicionais para a exhibición cinematográfica no noso país.

Os títulos cos que o circuíto arranca en cada unha destas catro localidades foron seleccionados polos respectivos departamentos municipais de Cultura a partir do catálogo que lles facilitou a Agadic e que inclúe un total de 18 longametraxes de moi diferentes estilos e xéneros, entre os que se atopan 11 destacadas películas galegas en fase de explotación.

Neste sentido, unha das prioridades da rede é servir de complemento á actual oferta dos circuítos comerciais. Así, as fitas proxéctanse baixo condicións económicas de contratación estandarizadas, cun custo regulado de 300 euros por pase, de xeito que a produtora ou distribuidora que posúe os dereitos de explotación do filme percibirá a mesma contía que se a exhibición se realizase nunha sala convencional.

Respecto ao financiamento, a Consellería –a través da Agadic– asume a metade deste custo regulado para un máximo de oito sesións por municipio. Pola súa banda, os catro concellos participantes nesta fase inicial achegan o 50 por cento restante deses pases, así como o 100 por cento no caso das proxeccións que decidan facer a maiores no marco desta programación.

Para todos os pases de Cinemas de Galicia establécese un prezo de entrada único de 3 euros e a recadación da billeteira é integramente para os concellos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies