spot_img
InicioVal MiñorBaionaA conselleira de Medio Ambiente anuncia que a nova fase da travesía...

A conselleira de Medio Ambiente anuncia que a nova fase da travesía de Sabarís licitarase a principios de 2015 e iniciaranse as obras na primavera

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asistiu hoxe á presentación da nova fase do proxecto de humanización da travesía interior de Sabarís. Neste acto tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo; ou o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez.Esta nova fase consistirá na actuación na rúa Areas, desde a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira

O proxecto emendará as deficiencias detectadas nas redes de saneamento, pluviais e fecais desta zona, creando tamén un espazo de calidade para os veciños

O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asistiu hoxe á presentación da nova fase do proxecto de humanización da travesía interior de Sabarís. Neste acto tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo; ou o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez.

A conselleira de Medio Ambiente anunciou que “esta obra se licitará a principios de 2015 e iniciaranse as obras na primavera, para que estean rematadas nese mesmo ano”.

Ethel Vázquez concretou que esta nova fase consistirá na actuación na rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira e remarcou que este proxecto, enmarcado dentro do Plan Hurbe, “é froito dun convenio asinado entre Xunta e Concello de Baiona, cun investimento de case un millón de euros, un orzamento que se vén a engadir aos 1,26 millóns de euros xa investidos na fase I, que permitiron a humanización de máis de 500 metros que xa se inauguraron o ano pasado”.

O ámbito desta actuación mellorará outros 400 metros, o que a fará máis accesible para os peóns e, ademais, mantén as prazas de aparcamento, co que se consigue comodidade tamén para os vehículos. A necesidade de intervención nesa zona vén dada porque existen varias deficiencias nas redes de saneamento, pluviais e fecais. O proxecto emendará un problema ambiental e de salubridade pública, á vez que se propón a creación dun espazo de calidade para os veciños de Sabarís.

O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano. Tamén se procederá a unha reordenación do tráfico rodado e peonil a un só nivel, coa eliminación de barreiras arquitectónicas, creando unha banda de circulación nun só sentido e outra banda funcional, que aloxará todo o paquete de equipamentos urbanos que se consideran precisos. O resto da sección de rúa estrutúrase como unha plataforma peonil na que se incorporan novos elementos de mobiliario urbano, bancos, arboredo, iluminación e xardinaría.

- Publicidade -spot_img