spot_img
InicioVal MiñorGondomarUnha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria...

Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo

Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no ” II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo”.  Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta,  procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos.

Este xoves 27 de novembro ás 20:30 horas, participantes no Obradoiro darán a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública que promete non deixarnos indiferentes. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar. O acto é aberto a todo público e levará por título “Desfíxose o nobelo”.

 

- Publicidade -spot_img