Inicio Pontevedra Redondela Festival de monólogos de Redondela LARETA - Soledad Felloza presenta o monólogo...

Festival de monólogos de Redondela LARETA – Soledad Felloza presenta o monólogo titulado “Catando maridos”

Nova edición do LARETA, festival de monólogos de RedondelaO festival de monólogos de Redondela, LARETA, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística, continúa o vindeiro sábado coa súa programación.

Nesta ocasión a actriz, dramaturga, contacontos e fotógrafa, Soledad Felloza, preséntanos o monólogo titulado CATANDO MARIDOS.

Partindo do verbo catar (probar, gustar algunha cosa para examinar o seu sabor e xulgar as súas calidades), convídanos a que pensemos nos maridos, coma se dunha cata de viños se tratase. Segundo as súas propias palabras, “este é un curso de cata, para saber probar sen que te mareen e se che suban á cabeza, ou se xa tes a vendima feita e a colleita na barrica, é un curso de maridaxe, para entender con que combinan mellor os nosos maridos e así gozalos e descubrir que algunhas barricas, poden ser de carballo”.

A uruguaia Soledad Felloza ten unha ampla formación no campo do teatro e da narración oral. Dirixiu talleres de expresión, teatro e narración en colexios, escolas preescolares e bibliotecas de Uruguai, Arxentina, Venezuela e España. Ten traballado en programas de radio e televisión, é columnista convidada de diferentes publicacións literarias e ten participado en multitude de encontros internacionais de narración oral. Na actualidade é directora de ATÁNTICA, o festival internacional de narración oral do Atlántico.

O seu achegamento á cultura galega, e a súa instalación dende hai anos no noso país, fixeron de Soledad Felloza unha extraordinaria narradora tamén en lingua galega.

O espectáculo será o vindeiro sábado 29 de novembro, ás 20.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela.

As entradas poderanse adquirir dende o xoves 27 nos multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego, cun prezo de 5 € para a entrada xeral, e  3 € para persoas xubiladas e estudantes.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies