spot_img
InicioO SalnésSanxenxo será final da 1ª etapa da Regata A Solitaire du Figaro...

Sanxenxo será final da 1ª etapa da Regata A Solitaire du Figaro que partirá en maio de Francia

Pen DuickA alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, confirmou onte que Sanxenxo será final da primeira etapa da prestixiosa regata A Solitaire du Figaro-Eric Bompard Cachemire 2015. “Estamos moi satisfeitos de que os organizadores deste importantísimo evento deportivo confirmasen a nosa candidatura, o que propiciará que Sanxenxo forme parte dunha das competicións internacionais con maior prestixio”, sinalou a rexedora, quen lembrou que o director xeral de Pen Duick, a firma que pon en marcha esta proba, visitou hai unhas semanas o municipio e “ratificou as excelentes condicións que reúne o Porto Deportivo para albergar un campionato do máis alto nivel”.

Catalina González incidiu ademais en que “esta magnífica noticia é o resultado dun traballo iniciado na última edición do Salón Náutico de París onde nos desprazamos para reunirnos directamente coa organización da regata, quen, posteriormente, desprazáronse a Sanxenxo para comprobar de primeira man que as condicións que do equipamento público que lle trasladamos eran reais”.

A alcaldesa adiantou tamén que A Solitaire du Figaro partirá o 31 de maio dun porto francés e chegará a Sanxenxo a primeira semana de xuño. “O percorrido da edición 2015 darase a coñecer o 4 de decembro en París, coincidindo coa celebración do Salón Náutico, momento tamén no que asinaremos o convenio de colaboración”, afirmou González.

Serán máis de 40 os barcos que arribarán ao Porto Deportivo Juan Carlos I e tantos os seus equipos, como os organizadores, xornalistas e seguidores desta regata permanecerán unha semana aloxados no municipio. “Tendo en conta as características desta competición e a súa repercusión no mundo da vela sabemos que o feito de que A Solitaire du Figaro recale en Sanxenxo atraerá a un gran número de afeccionados”, sinalou a rexedora.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.