spot_img
InicioVal MiñorBaionaMRCY de Baiona convoca á frota de J80 de Galicia a participar...

MRCY de Baiona convoca á frota de J80 de Galicia a participar no seu Trofeo de Outono

MRCY de Baiona convoca á frota de J80 de Galicia a participar no seu Trofeo de OutonoCoa chegada do outono, o Monte Real Club de Yates convoca á frota de J80 de Galicia a participar no seu Trofeo de Outono

Trátase dunha regata enmarcada na liga J80 do club baionés, unha competición que prolongará durante o inverno e a primavera de 2015, e que incluirá tres probas diferentes.

Esta primeira fase de outono celebrarase os días 18 de outubro, 1 e 22 de novembro, en augas da baía de Baiona. As tripulacións que se inscriban disputaranse un máximo de 9 mangas entre os 3 días de competición, establecéndose un máximo de 3 probas por cada xornada.

Como forma de dar a coñecer a clase a máis navegantes, permitirase a inclusión dun quinto tripulante como observador, que deberá situarse tras o patrón e non poderá participar nas manobras.

Todas as mangas darán comezo ao tres da tarde e implicarán percorridos entre aboias barlovento-sotavento. A clasificación farase en tempo real e dos resultados finais sairá o gañador do Trofeo de Outono J80 do Monte Real Club de Iates.

Resumo da primeira xornada

O Mi Moneda, de Guillermo Caamaño lidera o Trofeo de Outono J80 do Monte Real Club de Iates despois de imporse na MRCY de Baiona convoca á frota de J80 de Galicia a participar no seu Trofeo de Outonoprimeira xornada de probas, celebrada o 18 na baía de Baiona.

Con mar de fondo de 2 metros e un vento de 18 nós de media e picos de 24, disputáronse 3 mangas barlovento/sotavento. O Mi Moneda, de Guillermo Caamaño, e o Virazón, de Miguel Lago, lideraron en todo momento a competición, facéndose cos primeiros postos das distintas probas.

Finalmente, o Mi Moneda alzouse coa vitoria tras gañar a primeira e terceira das mangas, e quedar segundo na segunda. O Virazón, que tamén realizou unha gran regata, impúxose na segunda proba e quedou segundo no resto.

En terceira posición, despois da xornada de hoxe, queda o Luna Nueva, de Juan Luís Tuero. O Namasté, de Luís de Mira, e o Nortada, de Iago Carballo, completan a clasificación.

O Trofeo de Outono J80 do Monte Real Club de Iates continúa o próximo 1 de novembro coa segunda xornada de probas. Haberá unha terceira o día 22 de novembro.

CLASIFICACIÓN 1ª XORNADA · TROFEO DE OUTONO J80

MI MONEDA · Guillermo Caamaño
VIRAZÓN · Miguel Lago
LUNA NUEVA · Juan Luís Tuero
NAMASTÉ · Luís de Mira
NORTADA · Iago Carballo

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.