O musicólogo e divulgador Manuel López-Benito Álvarez dirixirá un curso de “Introdución á música clásica e a ópera con audicións comentadas” no Instituto de Estudos Miñoranos. As aulas darán comezo o vindeiro xoves 6 de novembro en horario matinal de 11 a 13 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda da Feira Nº 10, baixo – Gondomar).
As mesmas se desenvolverán todos os xoves laborables do mes. As inscrición están abertas ata o vindeiro mércores 5 de novembro .
O curso conforma un ciclo de bloques temáticos mensuais independentes que irá até o mes de xuño de 2015. A inscrición é independente para cada un deles e ten un custe de 40 euros. Está a disposición o teléfono 986 36 05 75 de luns a venres de 18 a 22 horas e o correo oficina@minhor.org .
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE
Este CURSO DE INTRODUCIÓN Á MÚSICA CLASICA E A ÓPERA CON AUDICIÓNS COMENTADAS é unha viaxe a través da Historia da Música Clásica ao tempo que nos internamos no significado e papel que a música desempeñou no devir da vida do ser humano e da sociedade do seu tempo. Baseándonos nas obras e a biografía de cada un dos compositores que integran o Curso, queremos que os asistentes gocen do pracer de escoitar música clásica e coñezan a importancia que tivo en cada composición o momento histórico, social, e estético no que estas foron compostas e os motivos que levaron aos seus compositores a compoñelas.
Ademais, resaltarase o que cada audición ten de destacable dende o punto de vista musical: a súa instrumentación, a dirección orquestral, as diversas formas musicais, e todo aquilo que axude a sentir a música dun xeito diferente.
O obxectivo último destas audicións é gozar coa música, escoitala e emocionarnos con ela.
DURACIÓN DO CURSO. O curso desenvolverase todos os xoves laborables dende o día 6 de novembro 2014 ao 25 de xuño 2015 en horario matinal de 11 a 13 horas. DURACIÓN DE CADA XORNADA. As audicións comentadas teñen unha duración de dúas horas, cun descanso de 5 minutos. HORARIO. Xoves de 11 a 13 horas. DIRECTOR DO CICLO Manuel López-Benito Álvarez. Achégase currículo profesional abreviado en documento a parte. PREZO DA ACTIVIDADE
Prezo por asistente e mes: 40,00 €



