spot_img
InicioVal MiñorBaionaCruz da Santísima Trindade de Baiona, restauración e reencontro coa historia

Cruz da Santísima Trindade de Baiona, restauración e reencontro coa historia

Cruz da Santísima Trindade de Baiona, restauración O conxunto fué construído en plena época gótica séculos XIV e XV, sobre rocas na parte alta da Real Vila

Nos último meses estamos a ver como o Concello de Baiona está a pór todo o seu empeño en pór en valor o seu rico patrimonio, agora tocoulle á Cruz da Sántisima Trindade. Dous canteiros e o restaurador Miguel de Santos, pertencentes á empresa Proxecto Arte Restauración e Rehabilitación S.L. son os encargados de levar adiante os traballos de restauración que se iniciaron esta semana. Durante o próximo mes, ou quizais algo máis “en restauración iso sempre depende do que vaiamos atopando” , a Cruz da Santísima Trindade vai ha ser sometida a un tratamento de restauración.

A pesar de que “a documentación é moi escasa e pendentes dos resultados finais, se que podemos asegurar que esta construción é sen dúbida unha xoia arquitectónica”, así o di o responsable da súa restauración. O restaurador Miguel de Santos acompañadp por Jesús Vázquez Almuiña , alcalde de Baiona, fué o encargado de informar con detalle de todo o proceso.


Miguel de Santos: “ agora estamos nas actuacións previas no baldaquino” lembra que “a estrutura se compón da Cruz gótica e logo o recubrimiento do baldaquino”, que é unha das peculiaridades do cruceiro. “Nas actuacións previas, trátase de limpar todas as colonizaciones biolóxicas, respectando algunhas variedades de líquenes que son esenciais para a conservación e desa forma poder ir retirando o encintado e ir vendo o que nos atopamos”.
“Como peculiaridades xa estamos a ver na construción do baldaquino, que é de forma piramidal, tanto a composición como a forma das pezas que van entrando unhas con outras; a clave vai suxeitada co pináculo de arriba”
“A parte máis bonita da intervención, será cando esteamos na cruz, a semana pasada xa estivemos a encargar as analíticas, queremos saber os compostos de cada cor e aínda pendentes dos resultados”, confirma que “as policromías son as orixinais do período gótico”, podendo coincidir tanto no tempo “coas do Pórtico da Gloria xa que conserva a súa mesma policromía e que o estado de conservación é bo, o que é un bo indicativo da saúde da pedra”.
En canto aos cilindros “temos lixeiras sospeitas de que os cilindros da cuberta de arriba piramidal corresponden ao século XVIII, coincidindo coa época neoclásica”
“Non observamos repintes nin engadidos, senón que raramente está sen intervir desde entón, están tan ben conservadas as policromías, porque están protexidas e sobre todo porque nunca se pechou o baldaquino, desta maneira non se danaron”.
“Resumindo un pouco, os tratamentos na pedra serán os habituais de limpeza, respectando as pátinas; consolidación das partes que seguro son renacentistas, que son os dinteles e logo hidrofugación”.
“A continuación xa nos metemos na Cruz, coas reparacións das fisuras e a consolidación da policromía, que é o máis Cruz da Santísima Trindade de Baiona, restauración singular do cruceiro”.
Respecto de se atopou danos na construción, “en primeira instancia, estruturalmente non ten ningún problema. Hai un nervio na bóveda piramidal que se ve un pouco fracturado, estamos a estudalo co equipo de cantaría, e vemos que os nervios teñen unha función máis decorativa que funcional”.
“Nos ensaios, nas analíticas de sales, estamos a ver que os dinteles están un pouco arenizados e seguro son as pedras renacentistas, que necesitasen un tratamento de consolidación e desalinización”

“En canto á documentación sobre o cruceiro é escasa, como adoita pasar cando se emprende unha actuación como esta, a partir de agora cando teñamos todo o estudo do laboratorio que se vai ha facer desde a USC de todas as mostras de cor, pola elaboración deses pigmentos poderemos determinar a antigüidade, contrastandolo con estudos que hai de pigmentos antigos, agora é pronto para ter ese dato”.


Ou baldaquino é renacentista e foi erixido cen anos despois, non século XVI. Non seu interior hai un cruceiro gótico coa imaxe de Cristo e aos seus pés, diversas imagenes entre as que se atopa a dá Virxe.

Unha vez finalizadas as obras e con todos os datos obtidos durante o proceso de restauración, a empresa realizará un informe detallado sobre todo o conxunto e que permitirá saber máis e de maneira contrastada sobre o cruceiro.

O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, destacou o seu empeño por pór en valor o patrimonio da vila, resaltou que o propio Castelao destácao na súa obra As Cruces de Pedra na Galicia como unha das interesantes obras da arte galego e que tamén forma parte do camiño portugués pola costa.

Por este lugar transcorre ou Camiño Portugués pola Costa, unha dás rutas portuguesas de peregrinación a Santiago de Compostela

Tamén avanzou que o Concello ten a intención de seguir traballando nesta liña e que están previstas actuacións similares.

- Publicidade -spot_img