spot_img
InicioO SalnésSanxenxo se promocióna no Salón Internacional da Rochelle en Francia, como destino...

Sanxenxo se promocióna no Salón Internacional da Rochelle en Francia, como destino naútico de excelencia

Sanxenxo se promocióna no Salón Internacional da Rochelle en Francia, como destino naútico de excelencia“Todo o esforzo e a aposta de Nauta Sanxenxo por ofrecer aos seus usuarios servizos punteros,reconocidos con distintivos como a Q de Calidade e a Bandeira Azul, está destinado a posicionar ao porto como un equipamento de parada obrigada tanto de embarcacións españolas coma internacionais”, sinalou a alcaldesa.

Este é o motivo da presenza de Catalina González no Gran Pavois, o salón náutico a flote que se celebra estes días en La Rochelle e onde Sanxenxo está representado no espazo habilitado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia e Portos de Galicia. “O considerable incremento, superior ao 140%, rexistrado este verán en canto aos tránsitos de barcos franceses no porto sanxenxino confirma a idoneidade da nosa participación nesta feira que xa supuxo na súa anterior edición a apertura de novas vías de colaboración e promoción do destino”, comentou a rexedora local

Competicións internacionais
Pero Catalina González desprazouse tamén a La Rochelle para negociar a posibilidade de que o porto de Sanxenxo albergue o próximo ano probas deportivas internacionais, dada a súa importancia á hora de contribuír a prolongar a campaña turística e “dar a coñecer a nosa marca de forma efectiva”. Neste sentido, a alcaldesa adiantou xa que na primavera de 2015 “Sanxenxo será, con toda probabilidade, final de etapa dunha recoñecida regata que partirá de Francia”. De feito, os organizadores deste evento desprazaranse a principios de outubro ao municipio para coñecer persoalmente as instalacións xestionadas pola empresa pública Nauta Sanxenxo e concretar as necesidades para o desenvolvemento desta emblemática competición.deportiva internacional, afirmou Catalina González.

Gran Pavois
O salón náutico internacional a flote que se desenvolve ata o luns en La Rochelle está considerado como unha das citas europeas de maior relevancia dadas as súas características. Non en van por esta feira pasan cada ano máis de 100.000 visitantes para coñecer as propostas dos 700 expositores e as novidades do sector que se presentan de cara ao próximo ano.

Os visitantes do Gran Pavois encontran, pois, ampla información non só da oferta turística do municipio senón das características das instalacións portuarias. “Entregamos a todos os interesados un completo informe con todos os datos prácticos que necesitan saber acerca do porto, dende as tarifas aos servizos dispoñibles, porque cremos que é necesario propiciar ao máximo as futuras visitas”, sinalou a alcaldesa.

- Publicidade -spot_img