
Actuarase en viais de Padrenda, San Lourenzo de Nogueira, San Tomé de Nogueira, Nogueira e Meis
A Deputación de Pontevedra acordou na súa Xunta de Goberno semanal, destinar preto de 500.000 euros a obras de mellora e pavimentación de camiños rurais en parroquias de Meaño e Meis.
No caso de Meaño
AAdministración Provincial concedeu unha subvención de 108.215 euros para o ancheamento e pavimentación do Camiño de Pazo do Monte en Padrenda, no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.
Os traballos afectarán a un total de 653 metros de lonxitude e suporán anchear a estrada ata un ancho total de 8 metros e a renovación da pavimentación, cunha mestura de bituminosa en quente en todo o vial.
Así mesmo, nos treitos onde sexa necesario (como nas áreas ensanchadas) aplicarase previamente unha base de zahorra compactada e rego de imprimación para a posterior pavimentación.
Será preciso, ademais, repoñer os muros e os viñedos afectados polo ancheamento da estrada.
9 viais en Meis
Para o concello de Meis, a Deputación saca a licitación as obras de mellora de 9 pistas rurais nas parroquias de San Tomé de Nogueira, Santo Lourenzo de Nogueira, Nogueira e Meis.
En todos os casos se aplicará firme de aglomerado en quente e aquelas áreas máis deterioradas e en peores condicións para o tránsito rodado dotaranse dunha base de zahorra artificial.
O orzamento de licitación destes traballos ascende a 377.904 euros e as pistas afectadas son o acceso á Cavada e o Camiño de Ai a Curro, en Santo Lourenzo de Nogueira; o camiño de Nogueiró de Arriba e o acceso a Arcos, en San Tomé de Nogueira; os camiños de acceso a Penente, Tallón e Caticovas en Nogueira; e o acceso desde o Marco a Lusío e desde Pazo de Meis a Talide, en Meis.



