spot_img
InicioVal MiñorBaionaXornada de sensibilización ás empresas para a adhesión ao SICTED Baiona

Xornada de sensibilización ás empresas para a adhesión ao SICTED Baiona

Jornada de sensibilización a las empresas para la adhesión al SICTED BaionaBaiona, conxuntamente cos 7 destinos do antigo “Club de Municipios de Excelencia Turística da España Verde”, hoxe en día “Asociación Vilas Mariñeiras”, foi un dos grandes beneficiados coa posta en marcha do PICTE (Plan Integral de Calidade Turística).

No ano 2004, distinguíronse 21 empresas de Baiona polo modelo SICTED. Ao principio dentro do destino Rías Baixas e posteriormente como destino independente. Actualmente o destino conta con 12 establecementos distinguidos.

Neste contexto, hoxe  realizouse no Auditorio da Casa Carvajal en Baiona, unha Xornada de “Sensib

ilización ás empresas para a adhesión ao SICTED Baiona” co principal obxectivo de mellorar a Calidade de Destino de Baiona e da área de influencia

Obxectivos.
O obxectivo é favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas de I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación) e do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) nas Pemes, a través das cales se consiga dar un impulso á súa competitividade, se implanten boas prácticas e se implanten técnicas que supoñan unha mellora na xestión destas.

Destinatarios
Todas aquelas pemes, emprendedores, autónomos interesados na temática da xornada, aínda que quizas por culpa do mal tempo, non houbo moita asistencia,

O proxecto é completamente gratuíto e o prazo de inscrición finaliza o próxima 30 de setembro.

Todo aquel que desexe participar pode porse en contacto coa empresa xestora no correo electrónico: innovaturbaiona@eoi.es ou nos seguintes números de teléfono: 986 44 33 97; 91 203 74 92; 647 301 721 (Persoa de contacto: Tania Abalde). Tamén poderán acudir á xornada de información sobre o proxecto que se celebrará o próximo venres, 19 de setembro, ás 11:00 horas na Casa Carbajal (futura Casa da Navegación, na praza Pedro de Castro).

Máis información: Departamento de turismo de Baiona. 986 38 59 24, turismo@baiona.org

- Publicidade -spot_img