spot_img
InicioVal MiñorNigránValverde visita xunto co Director Xeral de Xuventude e Voluntariado o proxecto...

Valverde visita xunto co Director Xeral de Xuventude e Voluntariado o proxecto “Onda Miñor”

Poxecto Onda Miñor Nigrán

O curso de iniciación ao medio radiofónico, no que participan unha vintena de persoas da comarca, enmárcase dentro do programa “Iniciativa Xove” da Xunta de Galicia.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe en compañía das concelleiras de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, María José Pino, e de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, o curso de iniciación ao medio radiofónico que se está impartindo no Centro Antena de Nigrán.

Durante a visita, os alumnos do curso tiveron a posibilidade de entrevistar a ambos os dous no marco dun suposto programa de raio e sendo todo el gravado.
É de destacar que durante case unha hora os futuros comunicadores puxeron en máis dun aperto a estes convidados de excepción e ata conseguiron algunha exclusiva.

O proxecto “Onda Miñor”, enmarcado dentro do programa “Iniciativa Xove” da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, permite a unha vintena de veciños da comarca do Val Miñor dar os seus primeiros pasos no mundo radiofónico, como así o demostraron hoxe coa realización dun magazine radiofónico en directo, do que alcalde e Director Xeral foron os protagonistas.

En total, 49 asociacións xuvenís ou grupos informais de mozos da provincia de Pontevedra están a executar proxectos financiados no marco do programa de participación xuvenil da Xunta de Galicia “Iniciativa Xove”, cun investimento total de 180.000 euros.

Na súa intervención, Rodeiro lembrou que “Iniciativa Xove” forma parte dos programas de renovación das políticas de xuventude da Xunta de Galicia, que na actualidade viran ao redor da xestión de actuacións baseadas na adquisición de novas competencias a través da educación non formal.

O responsable de Xuventude asegurou que este programa permite aos mozos galegos demostrar a capacidade de organizar os seus propios proxectos, á vez que estimula o protagonismo, a creatividade e o liderado xuvenil.

O director xeral tamén destacou que a participación xuvenil en programas de educación non formal “leva o desenvolvemento de valores como as aptitudes comunicativas, organizativas e de planificación, o traballo en equipo, o sentido da iniciativa ou a autoconfianza, autonomía e iniciativa persoal”.

Pola súa banda, o rexedor municipal agradeceu o esforzo que realiza a Xunta de Galicia á hora de promover e fomentar actividades dirixidas aos mozos, “un colectivo fundamental na sociedade, activo e proactivo a todo tipo de proxectos como o que visitamos hoxe”, apuntou.

Así mesmo, insistiu na importancia de que a administración manteña o seu compromiso cos mozos galegos, para pór á súa disposición iniciativas que fomenten a adquisición de novos coñecementos e aptitudes, tanto para a súa traxectoria profesional como persoal.

O programa
Este programa conta con programas vinculados co emprendimento e a empregabilidade, agrupados baixo o Poxecto Onda Miñor Nigránepígrafe de “Iniciativa Xove emprendedora”. Tamén destacan iniciativas dirixidas a favorecer a integración de colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión social; a creatividade; o coñecemento e o respecto da contorna natural, a intervención ambiental e o fomento dos bos hábitos neste campo; a rehabilitación e renovación de espazos degradados; e os relacionados coas novas tecnoloxías.

No total de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar financia este ano con máis de 500.000 euros un total de 137 proxectos de educación non formal que desenvolven preto de 700 mozos pertencentes a grupos informais, así como asociacións e entidades xuvenís.

- Publicidade -spot_img