O Santuario da Nosa Señora da Lanzada é unha pequena capela que está situada entre ás praias de Foxos e Areas Gordas, na parroquia de Noalla. O templo eríxese sobre un batido promontorio costeiro que antigamente era unha pequena illa
A ermida de estilo románico é de principios do século XIII, Divídese en nave e ábside semicircular a diferentes alturas. Garda no seu interior a imaxe de Santa María a Nosa Señora da Lanzada.
As augas desta praia teñen virtudes máxicas e de ferilidade. Unha noite ao ano lévase a cabo aquí un ritual de fertilidade
O Santuario da Lanzada e a súa contorna é un dos lugares de maior importancia simbólica e espiritual da xeografía galega.
Neste lugar máxico conxúganse os ancestrais ritos precristiáns co culto á Virxe; a divina intervención de nosa Señora da Area cos poderes das augas, os astros e as pedras e a crenza nunha vida no máis alá coas ánimas en pena, co barqueiro Carontee coas bestas fantasmagóricas que habitan as nosas rías e illas. En definitiva, o mundo terrenal e profano co mundo do sobrenatural e divino.
A ORIXE
A nivel arqueolóxico a riqueza deste enclave é inigualable, pois nun mesmo xacemento atopamos un poboado galaico, unha necrópole tardorromana e unha fortaleza medieval. A fundación e contrucíon do castelo data de mediados do século X, poucos anos antes de que os normandos atacasen Galicia.
O castelo foi mandado construir polo bispo de Iria Flavia Sisnando II e en 1122 foi destruido polos árabes, polo que Diego Xelmírez, arcebispo de Compostela, mandou reconstruílo para trasformalo nunha fortaleza, que se convertiría na chave de acceso á ría de Arousa e aos cobizados tesouros da cidade santa de Compostela.
Foi nesas datas cando se erixiu a capela dedica á Nosa Señora da Lanzada, como era habitual nas obras de Xelmírez
Por aquí transcorre a ruta do Padre Sarmiento que percorre O Salnés camiño a Compostela
A CONTORNA
A praia da Lanzada con máis de 2,5 quilómetros e forma de cuncha, é un lugar máxico bañado polo Atlántico
Durante a época sueva e románica este lugar foi un gran centro dedicado ao comercio, como demostra o xacemento arqueolóxico onde apareceron múltiples pezas e construcións datadas enter o Século IV a C. e o Século II d C.
Fonte: turismosanxenxo e deputacióndepontevedra