spot_img
InicioVal MiñorNigránA brigada forestal de Nigrán establece o primeiro perímetro de seguridade contra...

A brigada forestal de Nigrán establece o primeiro perímetro de seguridade contra o lume nos montes de Chandebrito e Camos

A brigada forestal de Nigrán establece o primeiro perímetro de seguridade contra o lume nos montes de Chandebrito e CamosLimpáronse  65.000 m² de terreo forestal que rodeaba ás vivendas das zonas de A Lama  e Chouzo (Camos) e Rozadas (Chandebrito) garantindo así unha gran protección contra posibles incendios

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Nigrán culminou a semana pasada o establecemento dunha gran faixa de protección anti-incendios no contorna das vivendas dos montes de Camos e Chandebrito. Concretamente, a través da brigada forestal municipal, limpáronse  65.000 m² de masa arbórea  que rodeaban ás vivendas das zonas de A Lama  e Chouzo (Camos) e Rozadas (Chandebrito) co obxectivo de estar xa establecido o perímetro na tempada de máximo risco. Moitos destes traballos executáronse de maneira subsidiaria ao non ter localizados oas donos das tomadas. Posteriormente, e pasado o verán, repoboarase con carballos, cerquiños e sobreiras, especies autóctonas que funcionan como freo ante o lume (compre recordar que no Chouzo chegaron a arder dúas casas no 2017).

O Concello de Nigrán dispón desde abril de 2022 desta brigada propia que traballa na prevención de incendios durante todo o ano e tamén na creación do parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’

Esta brigada forestal xurdida en abril de 2022 é a única 100 % municipal da comarca e se adica durante todo o ano a realizar labores de prevención de incendios e tamén de creación do parque forestal Os Matos-Río Táboas baixo a dirección técnica da consultora Landra.

A brigada leva meses abrindo camiños no monte para o correcto acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade, eliminando biomasa, rozando as contornas de vivendas en risco ou incluso limpando de forma subsidiaria fincas con expedientes sancionadores porque os propietarios non as manteñen conforme obriga a lei. Adicionalmente, está a disposición do GES en caso de declararse algún lume.

- Publicidade -spot_img